Deluxe

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Deluxe
Xoel López Murcia SRN.jpg
Xoel López, no Festival SOS 4.8 (Murcia) en 2015.
Orixe A Coruña, Galicia Galicia
Período 2000-presente
Xénero(s) Pop, indie
Selo(s) discográfico(s) EMI
Mushroom Pillow
Membros Xoel López
Na rede
www.xoel.com

Deluxe é unha banda unipersoal de pop alternativo da Coruña, creada por Xoel López. As principais linguas que utiliza nas letras son o inglés e o castelán, aínda que tamén ten algún tema en galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Deu numerosos concertos en España e participou no Festimad, Festival Internacional de Benicàssim (2002, 2003 e 2005), Sonorama, Contempopranea, Espárrago Rock, Festival do Norte e moitos outros. Ademais deu unha xira con Juan Aguirre (Amaral) e participou no proxecto Laboratorio Ñ con Iván Ferreiro, Amaral e Quique González, entre outros[1]. Deu concertos ademais en Renania do Norte-Westfalia, Alemaña durante o Mundial de Alemaña.

Os seus primeiros álbums graváronse baixo o selo de Mushroom Pillow, pero o seu último traballo, Fin de un viaje infinito, gravouse con Virgin Records. O seu LP Los Jóvenes Mueren Antes de Tiempo foi considerado o mellor de 2005 segundo a revista Rolling Stone.

Discografía[editar | editar a fonte]

Álbums[editar | editar a fonte]

* Not What You Had Thought (2001)
* If Things Were to Go Wrong (2004)
* Los jóvenes mueren antes de tiempo (2005)
* Fin de un viaje infinito (2007)
* Reconstrucción (2008)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Grandes planes para una vida mejor", post de Xoel López en Laboratorio Ñ, 20 de novembro de 2005 (en castelán).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]