Los Planetas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Los Planetas
Los Planetas at Sonorama Festival 2007.jpg
Los Planetas no Festival Sonorama 2007
Orixe Granada, España Flag of Spain.svg
Período 1993-
Xénero(s) Indie
Selo(s) discográfico(s) Elefant Records
RCA / Sony BMG Music Entertainment
Membros Jota
Florent
Eric
Banin
Julián
Antigos membros May Oliver
Paco Rodríguez
Carlos Salmerón
Raúl Santos
Fernando Novi
Jesús Izquierdo
Kieran Stephen
Miguel López
Web oficial www.losplanetas.es


Los Planetas é un grupo granadino de música pop fundado en 1993.

Recollen a influencia de grupos estadounidenses de guitarras como os Mercury Rev da primeira época, ou os británicos Spacemen 3 e Joy Division, así como da música tradicional andaluza (flamenco). No ano 2010 participaron no Festival do Norte.

Formación[editar | editar a fonte]

Indícase o nome completo de cada membro e tódalas variantes que se utilizaron nos créditos dos discos (en negriña o nome máis habitual).

Historia[editar | editar a fonte]

De "Los Subterráneos" ó EP Medusa (1990-1993)[editar | editar a fonte]

Jota (estudante de socioloxía na Universidade de Granada) e Florent Muñoz (estudante de dereito) coñecéronse a principios dos 90, descubrindo as súas afinidades musicais. Deciden forman o grupo Los Subterráneos (hai dúas versións para a orixe deste nome, por un lado homenaxe ó grupo neoiorquino The Velvet Underground, por outro referencia ó libro homónimo de Jack Kerouac) como voz e guitarra, respectivamente, uníndose May Oliver ó baixo e, máis tarde, Paco Rodríguez na batería.

Los Subterráneos gravaron varias maquetas, destacando a producida en abril de 1992 que inclúe as cancións "Mi hermana pequeña", "El centro del cerebro", "La caja del diablo" e "Espiral", rexistradas cun nuevo batería, Carlos Salmerón.

Naqueles anos Christina Rosenvinge facíase acompañar de outros Subterráneos para os seus primeiros discos en solitario, co que J e compañía deciden cambiar o seu nome ó definitivo Los Planetas, co que participarán en varios concursos (Radio 3, Rockdelux...) , e se converten en habituais en programas radiofónicos dedicados á música independente española, como Discogrande ou Diario Pop.

Daquela maqueta, "Mi hermana pequeña" (mellor canción nacional do 1992 para Rockdelux) e "Pegado a ti" son incluídas no seu primeiro vinilo, o EP Medusa ep publicado polo selo independente Elefant Records en 1993 e producido polos seus paisanos Antonio Arias e Miguel A. Rodríguez (de Lagartija Nick). Neste disco, que Elefant Records reeditou en 1996 en formato CD, o batería volveu ser Paco Rodríguez.

Super 8 (1994)[editar | editar a fonte]

O auxe da música indie española da época animou a varias multinacionais a fichar grupos da escena, BMG foi a gran discográfica máis activa ó respecto, e, entre otros, fichou a Los Planetas a través do seu subselo RCA.

Producido por Fino Oyonarte (por entón no grupo madrileño Los Enemigos, na actualidade na banda Clovis), Super 8 (RCA, 13 de xuño de 1994) recolle algunhas das cancións gravadas nas primeiras maquetas, con cancións como "De viaje" (que será versioneada por Astrud e Fangoria nun sinxelo publicado polo Club Fan Fatal en 1998), o primeiro sinxelo Brigitte, a homenaxe a Ian Curtis "Desorden", a escura (e xa coñecida) "La caja del diablo" ou, entre outras, o éxito "Qué puedo hacer".

O deseño da portada e do libreto do disco correu a cargo de Javier Aramburu, que foi responsable da arte da obra do grupo ata o 2005.

"Nuevas sensaciones", descarte de Super 8, foi o tema principal dun EP publicado en 1995 cunha nova canción ("La casa") e unha mestura distinta á de Super 8 de "Desorden" (o EP tamén foi editado en vinilo polo selo Subterfuge Records, engadindo unha mestura alternativa de "De viaje").

A actual edición en cd de Super 8 inclúe o EP Nuevas sensaciones.

Pop (1996)[editar | editar a fonte]

Para a gravación do segundo disco o grupo acudiu ó produtor Kurt Ralske (líder da banda neoiorquina Ultra Vivid Scene). Pop segue a senda de Super 8, recollendo tres sinxelos ("Himno generacional #83", "David y Claudia" e "Punk", editados en cd por RCA e en vinilo por Subterfuge) que confirman ó grupo como un dos preferidos polos seguidores do indie estatal.

Paco Rodríguez deixa o grupo definitivamente e é substituído por Raúl Santos.

Una semana en el motor de un autobús (1998)[editar | editar a fonte]

Gravado en Nova York, de novo coa produción de Kurt Ralske, Una semana en el motor de un autobús (RCA, 13 de abril de 1998) foi elixido pola revista "Rockdelux" como mellor disco do ano, segundo mellor disco da década dos 90 e 18º mellor disco nacional do século XX.

Ó longo dunha hora o disco relata unha semana na vida do protagonista do disco, unha semana de desenganos amorosos, festas, euforia, rabia, subidas, baixadas, etc.

De novo extráense tres sinxelos do disco ("Segundo premio", "Cumpleaños Total" e "La Playa"), temas que destacan xunto a outros como "Montañas de basura", "Toxicosmos" ou "La copa de Europa".

Na formación do grupo causan baixa May Oliver e Raúl Santos, sendo substituídos respectivamente polo escocés Kieran Stephen (trala colaboración puntual de Fernando Novi, baixista do grupo de punk-rock P.P.M. e road manager de Los Planetas) e o granadino Eric Jiménez (ex-KGB e tamén en Lagartija Nick). Tamén colaboran no disco Jesús Izquierdo (teclados) e Banin Fraile (teclados, guitarras e efectos). Este último acabará formando parte da formación estable do grupo.

Canciones para una orquesta química. Singles y Ep 1993 - 1999 (1999)[editar | editar a fonte]

Dada cantidade de temas inéditos publicados nos sinxelos do grupo, en maio de 1999 edítase este doble cd, que inclúe tódolos sinxelos mencionados ata o momento, ademais dos EPs Medusa, Nuevas sensaciones e o recentemente editado por entón ¡Dios existe! El rollo mesiánico de Los Planetas.

Ese mesmo ano a Editorial "Rockdelux" publica La Verdadera Historia, biografía do grupo ata a data escrita por Jesús Llorente, crítico musical, escritor e responsable do selo discográfico Acuarela Discos.

Unidad de desplazamiento (2000)[editar | editar a fonte]

Autoproducido e gravado (coa colaboración de Carlos Hernández) no estudio que o grupo habilita por entón en Granada ("El Refugio Antiaéreo"), Unidad de desplazamiento continúa a senda de Una semana en el motor de un autobús.

"Vas a verme por la tele" e "Un buen día" anticipáronse en formato sinxelo á edición do álbum, editándose posteriormente "Santos que yo te pinte" e "Maniobra de evasión".

A primeira edición do álbum presentábase en séxtuple digipack, e a segunda en formato convencional (incluíndo o video clip de "Un buen día").

Encuentros con entidades (2002)[editar | editar a fonte]

O quinto disco en estudio, Encuentros con entidades (RCA, 26 de agosto de 2002), volveu ser coproducido con Carlos Hernández en "El Refugio Antiaéreo"; prevíase a incorporación dun técnico de son alleo ó grupo para as mesturas, pero pouco se aproveitaron os 10 días en "The Playground Studios" (Chicago) con Keith Cleversley, por problemas de loxística e pouco convencemento no resultado final.

Los Planetas (con Miguel López como novo baixista) e Carlos Hernández producen e mesturan finalmente o disco en "El Refugio Antiaéreo", disco que recolle os sinxelos "Corrientes circulares en el tiempo", "Pesadilla en el parque de atracciones", "El espíritu de la Navidad" e "El artista madridista".

Tódolos sinxelos inclúen un dvd con un ou dous video-clips cada un, e se edita un dvd (Encuentros con entidades) con videos de tódalas cancións do disco (tanto en son estéreo como 5.1) e algúns dos clips promocionais de sinxelos anteriores.

Encuentros con entidades editouse orixinalmente en digipack, aparecendo a edición actual en formato convencional.

O 17 de decembro de 2003 a revista Cáñamo publica Los planetas se disuelven, que inclúe catro temas baixo a influencia de diferentes sustancias psicoactivas, coproducido de novo con Carlos Hernandez.

Los Planetas contra la ley de la gravedad (2004)[editar | editar a fonte]

Los planetas contra la ley de la gravedad (RCA, 26 de xullo de 2004) foi o último disco gravado por Los Planetas con Carlos Hernández logo de 6 anos de traballo. Conta con cancións como "El golpe de gracia", "Nunca me entero de nada", ou os sinxelos "Y además es imposible" (a dúo con Irantzu Valencia de La Buena Vida, número 1 na lista de ventas de sinxelos española) e "No ardieras".

Por vez primeira un disco de Los Planetas inclúe cancións editadas previamente (a excepción dos adiantos en sinxelos): "Experimentos con gaseosa", nova gravación dun dos cortes do EP Los Planetas se disuelven (Cáñamo/RCA 2003), e "Podría volver", a versión de Bambino que xa fora incluída no doble recompilatorio Bambino, por ti y por nosotros (RCA 2004).

A caixa Los Planetas - Singles 1993-2004. Todas sus caras A / Todas sus caras B (RCA, 28 de marzo de 2005) inclúe os 22 sinxelos editados polo grupo ata o momento, presentados individualmente con portadas de cartón. Foi a última colaboración de Javier Aramburu como deseñador de portadas para o grupo.

La leyenda del espacio (2007)[editar | editar a fonte]

Primeiro álbum non recompilatorio de Los Planetas publicado en ano impar, La leyenda del espacio (Sony-BMG, 10 de abril de 2007) parafrasea o título do seminal La leyenda del tiempo editado en 1979 por Camarón de la Isla. Varias cancións do disco adaptan palos do flamenco a estruturas do rock, entre elas temas como "El canto del Bute", "Si estaba loco por ti", "Ya no me asomo a la reja", "Tendrá que haber un camino" (cantada por Enrique Morente) ou os sinxelos "Alegrías del incendio" e "Reunión en la cumbre".

Principios básicos de astronomía (2009)[editar | editar a fonte]

En xullo de 2009 publícase o recomplilatorio Principios básicos de Astronomía en dobre edición: cd, e pack composto por cd, dvd e cómic no que o debuxante e ilustrador Juanjo Sáez interpreta 22 cancións de Los Planetas. O cd recolle 18 deses temas, incluíndo un inédito, Soy un Pobre Granaino, unha adaptación dunha colombiana, namentres que o dvd ofrece tódolos videoclips do grupo.

Discografía[editar | editar a fonte]

(Tódalas referencias indicadas se refiren a formatos de cd, agás nos que se indica o contrario).

Álbums[editar | editar a fonte]

  1. Super 8 (1994, RCA, BMG Ariola, tamén editado en vinilo e cassette)
  2. Pop (1996, RCA, BMG Ariola (cd e cassette), Subterfuge Records (vinilo)
  3. Una semana en el motor de un autobús (1998, RCA, BMG Ariola, tamén editado en cassette)
  4. Unidad de desplazamiento (2000, RCA, BMG Ariola)
  5. Encuentros con entidades (2002, RCA, BMG Ariola)
  6. Los Planetas contra la ley de la gravedad (2004, RCA, BMG Ariola)
  7. La leyenda del espacio (2007, RCA, Sony BMG, tamén dispoñible en descarga dixital)
  8. Una ópera egipcia (2010, Octubre, Sony BMG)

Recompilatorios[editar | editar a fonte]

  1. Canciones Para Una Orquesta Química. Singles Y EPs 1993 - 1999 (1999, RCA, BMG, doble CD)
  2. Singles 1993-2004. Todas Sus Caras A / Todas Sus Caras B (2005, RCA, BMG Ariola, caixa de 22 sinxelos)
  3. Principios básicos de Astronomía (2009, Octubre, Sony BMG, dispoñible en cd e en cómic + CD + DVD)

EPs / Sinxelos[editar | editar a fonte]

  1. Medusa ep (1993 (vinilo) / 1996 (cd), Elefant Records)
  2. Brigitte (1994, RCA, BMG Ariola)
  3. Qué Puedo Hacer (1994, RCA, BMG Ariola)
  4. Nuevas Sensaciones (1995, RCA, BMG Ariola (cd), Subterfuge Records (vinilo)
  5. Himno Generacional #83 (1996, RCA, BMG Ariola (cd), Subterfuge Records (vinilo)
  6. David Y Claudia (1996, RCA, BMG Ariola (cd), Subterfuge Records (vinilo)
  7. Punk (1996, RCA, BMG Ariola (cd), Subterfuge Records (vinilo)
  8. Su Mapamundi, Gracias / Qué Puedo Hacer (compartido con Sr. Chinarro) (1997, Acuarela Discos, vinilo)
  9. Segundo Premio (1998, RCA, BMG Ariola)
  10. Cumpleaños Total (1998, RCA, BMG Ariola)
  11. La Playa (1998, RCA, BMG Ariola)
  12. ¡Dios Existe! El Rollo Mesiánico De Los Planetas (1999, RCA, BMG Ariola)
  13. Pegado A Ti (1999, promocional, RCA, BMG Ariola)
  14. Vas A Verme Por La Tele (2000, RCA, BMG Ariola)
  15. Un Buen Día (2000, RCA, BMG Ariola)
  16. Santos Que Yo Te Pinte (2001, RCA, BMG Ariola)
  17. Maniobra De Evasión (2001, RCA, BMG Ariola)
  18. Corrientes Circulares En El Tiempo (2002, RCA, BMG Ariola)
  19. Pesadilla En El Parque De Atracciones (2002, RCA, BMG Ariola)
  20. El Espíritu De La Navidad (2002, RCA, BMG Ariola)
  21. El Artista Madridista (2003, RCA, BMG Ariola)
  22. Los Planetas Se Disuelven (2003, RCA, BMG Ariola)
  23. Y Además Es Imposible (2004, RCA, BMG Ariola)
  24. No Ardieras (2004, RCA, BMG Ariola)
  25. Alegrías Del Incendio (2007, RCA, Sony-BMG, tamén dispoñible en descarga dixital)
  26. Cuatro Palos EP (2009, Octubre, Sony-BMG)

Videografía[editar | editar a fonte]

Los Planetas rodaron video clips para as cancións listadas a continuación:

Número Título Director Observacións
1 "Qué Puedo Hacer" Jorge Ortiz de Lanzáduri, Pite Piñas, David López e Amparo Utrilla para Video Inferno Dispoñible no VHS Los Planetas. Videografía (viacarla.com, 2000) e como contido extraordinario de Encuentros con entidades (RCA, BMG Ariola 2002).
2 "Nuevas Sensaciones" Dispoñible no VHS Los Planetas. Videografía (viacarla.com, 2000).
3 "Himno Generacional #83" Jess Franco Dispoñible no VHS Los Planetas. Videografía (viacarla.com, 2000) e como contido extraordinario de Encuentro con Entidades DVD (RCA, BMG Ariola 2002).
4 "David y Claudia" Rafael Goicochea para Descarte Films Dispoñible no VHS Los Planetas. Videografía (viacarla.com, 2000) e como contido extraordinario de Encuentro con Entidades DVD (RCA, BMG Ariola 2002).
5 "La Playa" Alejandro Lázaro Adxuntábase en formato VHS co sinxelo La playa, tamén dispoñible no VHS Los Planetas. Videografía (viacarla.com, 2000) e como contido extraordinario de Encuentro con Entidades DVD (RCA, BMG Ariola 2002).
6 "Prueba esto" José García Hernández para Complot Dispoñible no VHS Los Planetas. Videografía (viacarla.com, 2000) e como contido extraordinario de Encuentro con Entidades DVD (RCA, BMG Ariola 2002).
Coprotagonizado por Juan de Pablos.
7 "Un Buen Día" Marc Lozano para Les Nouveaux Auteurs Dispoñible como pista multimedia na segunda edición de Unidad de desplazamiento, no VHS Los Planetas. Videografía (viacarla.com, 2000), como contido extraordinario de Encuentro con Entidades DVD (RCA, BMG Ariola 2002) e no dvd que acompañaba ó sinxelo Corrientes circulares en el tiempo (RCA, BMG Ariola 2002).
8 "Santos Que Yo Te Pinte" Les Nouveaux Auteurs Dispoñible no VHS Los Planetas. Videografía (viacarla.com, 2000) e no dvd que acompañaba ó sinxelo Corrientes Circulares en el Tiempo (RCA, BMG Ariola 2002).
9 "San Juan De La Cruz" Luis Cerveró para Les Nouveaux Auteurs Incluído en '[[Encuentro con Entidades DVD (RCA, BMG Ariola 2002).
10 "Corrientes Circulares En El Tiempo" Marc Lozano para Les Nouveaux Auteurs Incluído en Encuentro con Entidades DVD (RCA, BMG Ariola 2002) e no dvd que acompañaba ó sinxelo Pesadilla en el parque de atracciones (RCA, BMG Ariola 2002).
11 "El Artista Madridista" Les Nouveaux Auteurs Incluído en Encuentro con Entidades DVD (RCA, BMG Ariola 2002) e no dvd que acompañaba ó sinxelo homónimo (RCA, BMG Ariola 2003).
12 "Mis Problemas con la Justicia" Luis Cerveró para Les Nouveaux Auteurs Incluído en Encuentro con Entidades DVD (RCA, BMG Ariola 2002).
13 "Mil Millones de Veces" José Luis Cañadas para Les Nouveaux Auteurs Incluído en Encuentro con Entidades DVD (RCA, BMG Ariola 2002).
14 "Temporalmente" Les Nouveaux Auteurs Incluído en Encuentro con Entidades DVD (RCA, BMG Ariola 2002).
15 "Pesadilla en el Parque de Atracciones" Marc Lozano para Les Nouveaux Auteurs Incluído en Encuentro con Entidades DVD (RCA, BMG Ariola 2002).
16 "Dulces Sueños" Marc Lozano para Les Nouveaux Auteurs Incluído en Encuentro con Entidades DVD (RCA, BMG Ariola 2002) e, xunto a outros 17 videos promocionais doutros tantos artistas españois, no dvd Eclectia: un panorama del videoclip nacional contemporáneo (Malvalanda, 2006).
17 "El Espíritu de la Navidad" Paco Plaza para Les Nouveaux Auteurs Incluído en Encuentro con Entidades DVD (RCA, BMG Ariola 2002) e, con toma de audio distinta, no dvd que acompañaba ó sinxelo homínimo (RCA, BMG Ariola 2002).
18 "Nosotros Somos los Zíngaros" Luis Cerveró para Les Nouveaux Auteurs Incluído en Encuentro con Entidades DVD (RCA, BMG Ariola 2002) e no dvd que acompañaba ó sinxelo El Artista Madridista (RCA, BMG Ariola 2003).
19 "Y Además Es Imposible" Max
20 "No Ardieras"
21 "Devuélveme la Pasta" A canción non foi incluída en ningún sinxelo.
22 "Alegrías del Incendio" Luis Cerveró para Common Films e Nanouk Films
23 "Reunión en la Cumbre" Marc Lozano para Common Films e Nanouk Films con Les Nouveaux Auteurs

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]