Sabela (Operación Triunfo)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Sabela
Nome completoSabela Ramil Rivera
Data nacemento1 de outubro de 1993
Nado enBravos
OcupaciónCantante, músico, compositora e produtora musical
XéneroPop electrónico, pop pop alternativo
Instrumento(s)Voz, piano, clarinete
Tipo de vozMezzosoprano
Selo(s) discográfico(s)Universal Music Spain (2018-2019)
Artista independente (2019-)
Tempo en activo2018 - actualidade
Na rede
https://sabelamusic.es/
IMDB: nm10121780 Twitter: sabelamusic_ Instagram: sabelamusic_ Youtube: UCBNyZUZRZYCey7ZkLwmbwSw Spotify: 78fi6hiTjEQH8KQLzDqVRg iTunes: 489713858 Musicbrainz: 6af02b2c-9212-45e4-8772-2388bc74e55a Discogs: 6838391 Deezer: 51767132 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Sabela Ramil Rivera, coñecida artisticamente como Sabela, nada en Bravos (Ourol)[1] o 1 de outubro de 1993, é unha cantante e compositora galega que se fixo coñecida pola súa participación no concurso musical de televisión Operación Triunfo, no ano 2018. En canto á súa voz trátase dunha voz de música popular rasgada, que entraría dentro do rango de mezzosoporano.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

A familia de Sabela naceu da parroquia de Bravos (Ourol), pero medrou nas Pontes. Formouse musicalmente dende cativa comezando clases gaita e pandeireta con 6 anos e no conservatorio dende os 7 anos, no que estudou o grado profesional de clarinete. É graduada en Terapia Ocupacional pola universidade da Coruña e posteriormente cursou un mestrado en musicoterapia de 3 anos no Instituto de música, Arte e Proceso de vitoria Gasteiz. Ademais, formouse en clases de canto impartidas por diferentes mestras como Rosa Cedrón[2] ou Paula Rey[3] (Serea Técnica Vocal), entre outras.

Os seus inicios artísticos foron con grupo pontés de música tradicional galega Muxarega do que comezou a formar parte con 16 anos. Tamén colaborou co acordeonista Andrés Penabad. Posteriormente formou o dúo Bahut, a canda o guitarrista Mateo Bruquetas co que realizaba actuacións en pequenos locais, vodas e preparaba o lanzamento dun disco antes da súa entrada en Operación Triunfo. Con Bahut lanzou varios temas en galego e castelán, Soa, Tacto de porcelana, Nacida para ser real e Terra vermella.[4]

Operación Triunfo 2018[editar | editar a fonte]

En 2018 foi seleccionada para participar na edición de 2018 do concurso de televisión Operación Triunfo. Tras ser nomeada para a expulsión, a súa traxectoria deu un xiro cando decidiu defender o seu nomeamento co tema "Benditas Feridas" de Rosa Cedrón. O tema inicialmente non se consideraba moi propicio, pero acabou por convertela nun referente de autenticidade para o xurado e o público.[5][6] Chegou á final e rematou en cuarto lugar.

Primeiro disco: Despedida[editar | editar a fonte]

O 15 de novembro de 2019 lanzou o seu primeiro sinxelo, "Despedida", composto por ela e producido polo portugués Diogo Piçarra. Nesta canción "despídese das letras e dos sons que ata agora foron seus e que comezan a voar cara a todas as persoas que queren acollelos".[7] O videoclip foi dirixido e producido polo artista multidisciplinar galego David Catá.

O 29 de novembro dese ano viu a luz o seu primeiro disco, nacido entre Lisboa e Galicia, composto na Coruña e gravado no estudio HAUS en Lisboa. Contou coa colaboración de Luisa Sobral que compuxo un tema especificamente para ela, "Dame una señal". Tamén Xoel López colaborou na composición do sinxelo "El Paso". O lanzamento foi seguido de firmas de discos en varias cidades españolas e estaba prevista unha xira de concertos que non se puido levar a cabo.[8]

Segundo disco: Ceniza[editar | editar a fonte]

En marzo de 2023 Sabela lanzou un novo álbum Ceniza. Este disco traballo realizouse co propio selo da artista como produtora musical, xunto a Mateo Bruquetas[9] e Diogo Piçarra.[10]

Nel, Sabela explora a perda, a morte e a vida, a nostalxia e a esperanza. En palabras da artista galega: “Quería facer este disco porque mo debía a min mesma, a meu pai, á vida e á perda, protagonista desta última etapa. Se hai algunha mensaxe clara dentro do disco é que, a pesar das perdas, os desencontros co mundo e con nós mesmos, a vida sempre renace. E faino, non só de xeito natural, senón cando se toma a decisión de facelo. Non hai nada máis importante que poder decidir vivir”.

O son de “Ceniza” é máis maduro, vendo a Sabela recoller os froitos da exploración coa fusión da electrónica e o pop, chegando a rozar a fusión do jazz e o hip hop, xunto a Mateo Bruquetas, Diogo Piçarra ou Luis del Toro, entre outros.

Discografía[editar | editar a fonte]

Álbums[editar | editar a fonte]

Ano Título Selo discográfico
2019 Sabela Ramil: Sus canciones
Data publicación: 25/1/2019
Universal Music Spain
2019 Despedida
Data publicación: 29/11/2019
Universal Music Spain
2023 Ceniza

Data publicación: 03/03/2023

Autoeditado

Sinxelos[editar | editar a fonte]

Ano Título Selo discográfico Videoclip
2019 Despedida
Data publicación: 15/11/2019
Universal Music Spain Produtora: ?
Dirección: David Catá
2019 El Paso
Data publicación: 29/11/2019
Universal Music Spain Produtora: MBC Serv. Audiovisuales
Dirección: David Catá
2022 Ya no me quiero ir
Data publicación: 25/03/2022
Autoeditado Produtora: Tivuron y Sabelamusic
Dirección: Silvia Grav e Isapel Padilla
2022 Peligro de Extinción
Data publicación: 27/05/2022
Autoeditado Produtora: Tivuron y Sabelamusic
Dirección: Silvia Grav e Isabel Padilla
2022 Cidade Desexo
Data publicación: 29/07/2022
Autoeditado -
2023 No sé lo que sientes
Data publicación: 27/01/2023
Autoeditado -
2023 Mucho Love

Data publicación: 14/02/2023

Autoeditado Produtora: Sabelamusic

Dirección: Sabela Ramil Rivera

2023 La Piedra

Focus Track "Ceniza" Data publicación: 03/03/2023

Autoeditado Produtora: Sabelamusic

Dirección: Deirdre Canle

Xiras[editar | editar a fonte]

Conxuntas[editar | editar a fonte]

  • 2019: OT 2018 en concierto
  • 2023: Ceniza Tour

Filmografía e galardóns[editar | editar a fonte]

Programas de televisión

Ano Programa Cadea Función Datos
2018-2019 Operación Triunfo TVE Concursante Cuarta Finalista
2019 La mejor canción jamás cantada TVE Cantante
2019 Luar (17/05/2019) TVG Artista Invitada
2019 Gala Fin de Ano TVG Presentadora
2019 Land Rober Tunai Show (13/06/2019) TVG Invitada
2019 «Toni Rovira y Tú» 25tv Invitada
2020 Luar (28/09/2020) TVG Artista Invitada

Programas de radio

Ano Programa Cadea Función Datos
2020 Galicia por Diante Radio Galega Conductora Sección Un verán con Sabela

Galardóns

Ano Galardón Categoría Resultado
2019 aRitmar Mellor Canción Galicia Primeiro premio[11]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Graduouse en terapia ocupacional. Traballaba nunha organización non gobernamental de saúde mental e na inserción sociolaboral de persoas con discapacidades intelectuais.[12]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Cuarto puesto de Sabela en una reñida final de «OT» que se llevó Famous". La Voz de Galicia. Consultado o 17/1/2019. Además, Viveiro y el resto de A Mariña lucense, donde nació -concretamente, en Bravos (Ourol)-, también vivieron de manera especial la gala. 
  2. "Sabela entra en la final de OT 2018 por la puerta grande cantando en gallego". La Voz de Galicia (en castelán). 13/12/2018. Consultado o 13/12/2018. 
  3. "Paula Rey". Serea técnica vocal. 
  4. "Bahut Music - YouTube". www.youtube.com. 
  5. https://www.laopinioncoruna.es/coruna/2018/09/30/sabela-juega-gallego-operacion-triunfo/1333079.html
  6. "'OT 2018': Famous emociona a los profesores en el primer pase de micros de la Gala Final". FormulaTV. 
  7. "Sabela, una maravillosa despedida". Universal Music Spain. 15/11/2019. 
  8. "Sabela canta en gallego en el primer single de su disco: así suena". La Voz de Galicia. 15/11/2019. 
  9. "Instagram". www.instagram.com. Consultado o 2023-11-20. 
  10. "Diogo Piçarra" (en inglés). 2023-11-19. 
  11. "aRi[t]mar | Edición 2020". aritmar.gal. Arquivado dende o orixinal o 06 de maio de 2020. Consultado o 02 de xuño de 2020. 
  12. "Sabela, concursante de OT". RTVE. Consultado o 13/12/2018.