Cuchillo de Fuego

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Cuchillo de Fuego
Cuchillo de Fuego.jpg
A banda tocando no Liceo Mutante
OrixePontevedra, Galicia Galicia
Período2013-presente
Xénero(s)hardcore punk
Selo(s) discográfico(s)Chingaste la Confianza, Existencia, El Morro de Alf, Amawisca, Humo
MembrosXosé Lois García
Juan F. Navazas
Hugo Santeiro
Guillermo García
Antigos membrosBerto Fojo
Álex Gayoso
Álvaro Gallego
Páxina webBandcamp

Cuchillo de Fuego é unha banda galega de hardcore punk formada en 2013 en Pontevedra ligada á asociación cultural Liceo Mutante. Ata a data levan publicados dous álbums de estudio, Triple España (2014) e Megavedra (2017), e o disco compartido Cuchillo de Fuego/Extinción de los Insectos Split 12" (2017).

Historia[editar | editar a fonte]

Cuchillo de Fuego formárona o guitarrista Xosé Lois García (Sierpes de la Luz) e o vocalista Juan F. Navazas (Los Collares de Perlas) no ano 2013. Ao pouco tempo uníronse o baixista Álex Gayoso (Unicornibot, diola) e o batería Berto Fojo (Djalminha) e gravaron o seu primeiro álbum, Triple España, nos Estudios Montealto da Coruña. O traballo foi publicado o 19 de setembro de 2014 a través dos selos Chingaste la Confianza, Existencia, El Morro de Alf e Amawisca.[1]

A finais de 2016 Álvaro Gallego, membro de Guerrera, substituíu a Álex Gayoso no baixo.[2]

No ano 2017 editaron o disco compartido Cuchillo de Fuego/Extinción de los Insectos Split 12" coa banda madrileña Extinción de los Insectos, formado por sete temas dos que tres son do grupo galego.[3] No mes de outubro dese mesmo ano saíu á luz o seu segundo álbum, Megavedra, gravado nos estudios La Cortina Roja da Coruña e publicado polo selo Humo.[4]

Antes do lanzamento do disco lanzaron o videoclip do seu sinxelo "Nocturno", realizado polo director de Wakaliwood Isaac Godfrey en Kampala, Uganda.[5]

Pouco despois da publicación de Megavedra Álvaro Gallego deixou Cuchillo de Fuego, sendo substituído por Hugo Santeiro (Guerrera), e a comezos de 2018 Berto Fojo tamén abandonou a banda para centrarse nos seus proxectos persoais, ocupando o seu lugar na batería Guillermo García (Unicornibot).[6]

Discografía[editar | editar a fonte]

Álbum Ano Selo
Triple España 2014 Chingaste la Confianza, Existencia, El Morro de Alf, Amawisca
Cuchillo de Fuego/Extinción de los Insectos Split 12" 2017 Afeite al Perro y Amawisca
Megavedra 2017 Humo

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Triple España by Cuchillo De Fuego". Bandcamp. Consultado o 21 de setembro de 2018. 
  2. "Voltamos a tocar este venres na mítica Iguana despois de bastante tempiño". Facebook. Consultado o 21 de setembro de 2018. 
  3. "Cuchillo de Fuego / Extinción de los Insectos Split 12" by Cuchillo De Fuego". Bandcamp. Consultado o 19 de setembro de 2018. 
  4. "Megavedra". Bandcamp. Consultado o 21 de setembro de 2018. 
  5. "Cuchillo de Fuego nos hablan de su vídeo rodado en el Hollywood de Uganda". El País. Consultado o 21 de setembro de 2018. 
  6. "Hace unos días se cumplen cuatro años desde que dimos nuestro primer concierto". Facebook. Consultado o 21 de setembro de 2018. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Boullosa, L. (2016). "Cuchillo de Fuego - Fabuloso Combo Espectro. Hacia un nuevo punk". Santos y francotiradores. Supervivencia, literatura y Rock & Roll. 66RPM Edicions. pp. 198–228. ISBN 9788494533051. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]