Juan de Herrera
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde novembro de 2016.) |
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | (es) Juan de Herrera de Maliaño 1530 Roiz |
| Morte | 15 de xaneiro de 1597 Madrid |
| Educación | Universidade de Valladolid |
| Actividade | |
| Ocupación | arquitecto, matemático |
| Obra | |
Obras destacables | |
| Descrito pola fonte | Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Grande Enciclopedia Soviética (1926 - 1947) Great Soviet Encyclopedia (1950–1958) (en) |

Juan de Herrera, nado en Mobellán (Cantabria) en 1530 e finado en Madrid en 1593) foi un arquitecto español, considerado o creador do estilo arquitectónico, sobrio e severo, máis característico do Renacemento en España, denominado estilo herreriano.
Juan de Herrera recórdase sobre todo pola súa participación no mosteiro do Escorial, aínda que tamén é o responsable da catedral de Valladolid. Comezou a traballar no Escorial en 1563 baixo a dirección de Juan Bautista e desde 1572 foi el quen dirixiu os labores ata que se concluíu definitivamente en 1584. Formalmente acentuou o seu manierismo ó elevar a fachada principal e construír unha portada sen fondo, xa que tras ela non está o templo, senón un patio que dá á igrexa.
O estilo herreriano
[editar | editar a fonte]Coñécese como herreriano o estilo arquitectónico desenvolvido por Herrera no último terzo do século XVI así como o dos arquitectos que o sucederon en España nas primeiras décadas do século XVII, nun progresivo achegamento ao barroco. En Galicia atópanse exemplos de arquitectura herreriana como o Mosteiro de Santa María de Montederramo e o Colexio da Nosa Señora da Antiga en Monforte de Lemos.
Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |