Vilnius

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coordenadas: 54°41′N 25°17′L / 54.683, -25.283

Vilnius
Flag of Vilnius.svg
Grand Coat of arms of Vilnius.svg
Vilnius montage2.jpg
Vistas da cidade
Localización
Vilnius en Lituania
Vilnius
Vilnius
PaísFlag of Lithuania.svg Lituania
RexiónDzūkija
CondadoCondado de Vilnius
MunicipioCidade de Vilnius
Xeografía
Altitude112 msnm
Superficie401 km²
Demografía
Poboación538.737 hab. (2013)
Densidade1.391,9 hab/km²
Outros datos
Código postal01001-14191
Páxina oficial de Vilnius

Vilnius (en polonés Wilno, en belaruso Vilnia) é a capital e cidade maior de Lituania cunha poboación de 553.904 habitantes, situada na provincia de Vilnius. O seu centro histórico foi considerado como Patrimonio da Humanidade pola Unesco en 1994. No 2009 foi Capital Europea da Cultura, título compartido coa cidade austríaca de Linz.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Vilnius está situada nun val formado polo río Viliya e rodeado case completamente por montañas. A cidade atópase a 105 km a SE. de Kaunas.

Poboación[editar | editar a fonte]

A poboación de Vilnius está composta por: 52,8% lituanos, 19,8% polacos, 19,2% rusos, 4,8% belarusos e 3,3% outras nacionalidades.

Economía[editar | editar a fonte]

Vilnius é o principal centro económico de Lituania e un dos maiores centros financeiros dos Estados Bálticos. Aínda que a cidade só ten un 15% da poboación do país, Vilnius produce preto do 35% do PIB. Conforme mostran os estudos (o PIB da capital baseado na paridade do poder adquisitivo) en 2005 o PIB per cápita foi de US$ 33.100 US$, superior á media da Unión Europea.

Vilnius é tamén o maior centro administrativo de Lituania con tódolos principais centros políticos, económicos, sociais, e culturais do país.

Personaxes egrexios[editar | editar a fonte]

Cidades irmandadas[editar | editar a fonte]

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Predecesor:
Flag of the United Kingdom.svg Liverpool
Flag of Norway.svg Stavanger
EU Insignia.svg
Capital Europea da cultura
xunto con Flag of Lithuania.svg Vilnius

2009
Sucesor:
Alemaña Essen
Flag of Turkey.svg Istambul
Hungría Pécs

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]