Saltar ao contido

Manuel Piñeiro Antón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaManuel Piñeiro Antón
Biografía
Nacemento1913 Editar o valor en Wikidata
Soaserra, España Editar o valor en Wikidata
Mortevalor descoñecido Editar o valor en Wikidata
valor descoñecido Editar o valor en Wikidata
Outros nomesManolo do Menor Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmaquis Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
13 de decembro de 1946-20 de decembro de 1946evasión do Santa Teresa Editar o valor en Wikidata

Manuel Piñeiro Antón, coñecido como Manolo do Menor, nado en Soaserra (Cabanas) en 1913, foi un guerrilleiro antifranquista galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Botouse ao monte logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936. O seu grupo foi dos máis activos antes de 1939. Logo foi membro da guerrilla liderada por José Vázquez Mauriz "Patitas" e Ramiro Martínez López "Zapateiro" que actuou na comarca do Eume. Mantiña implícitas funcións de enlace cara a Lugo e A Coruña e de «xefatura por respecto». Participou no axustizamento do falanxista José Rodríguez Rivera con Jesús López Ardao e Ramón Fraga Couceiro, e na do falanxista José Calvo en Ombre.

O 13 de decembro de 1946 logrou marchar rumbo a Francia xunto a outros 21 guerrilleiros na evasión do Santa Teresa. En Francia estableceu contacto cos irmáns Vilar Pereira. Marchou a Venezuela. En 1953 escribiu dende Venezuela ao Ministerio de Xustiza pedindo a anulación das causas que había contra el, pero denegáronlle a petición. Volveu nos anos oitenta e déronlle unha malleira por esixir diñeiro cando era guerrilleiro. Volveu marchar a Venezuela.

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Casou no exilio con Josefa Eibe Vilar.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Redondo Abal, Francisco Xavier (2006). Botarse ao monte. Censo de guerrilleiros antifranquistas na Galiza (1939-1965). Sada: Do Castro. ISBN 84-8485-231-8. 

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]