Soaserra, Cabanas
Aparencia
| Soaserra | |
|---|---|
Igrexa parroquial de Santa Olaia. | |
| Concello | Cabanas[1] |
| Provincia | A Coruña |
| Coordenadas | 43°25′41″N 8°05′55″O / 43.428, -8.0986 |
| Poboación | 146 hab. (2025) |
| Entidades de poboación | 11[1] |
| [ editar datos en Wikidata ] | |
Santa Olaia de Soaserra é unha parroquia que se localiza no leste do concello de Cabanas. Segundo o IGE en 2013 tiña 170 habitantes (91 mulleres e 79 homes), distribuídos en 10 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 214 habitantes.
Patrimonio
[editar | editar a fonte]Igrexa de Santa Olaia de Soaserra, de estilo barroco de tipoloxía rural. Planta rectangular cunha soa nave. Destacan os retablos de características barrocas.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Soaserra
[editar | editar a fonte]| Lugares da parroquia de Soaserra no concello de Cabanas (provincia da Coruña) | |
|---|---|
|
Os Ameneiros | Cerdeiras | Os Durás | O Igrexario | A Lagoa | Os Lamas | Lavandeira de Abaixo | Lavandeira de Arriba | A Rúa | Os Sardiñas | Xabariz |