José Vázquez Mauriz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
José Vázquez Mauriz
AlcumePatitas
Nacemento1905
Lugar de nacementoMugardos
Falecemento1951
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónmembro da resistencia
editar datos en Wikidata ]

José Vázquez Mauriz, coñecido como Patitas, nado en Mugardos en 1905 e finado en 1951, foi un guerrilleiro antifranquista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Afiliado ao PCE. Coxo (de aí o alcume), escapou ao monte ao estalar o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936. Foi procesado por rebelión militar en 1937 e declarado en rebeldía.[1] Foi o coordinador dos primeiros grupos guerrilleiros da comarca do Eume. Unha ferida recibida durante a guerra deixouno mancando. Ferido en 1945, foi curado por un médico de Pontedeume. Pertenceu á IV Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia, no mesmo grupo que Ramiro Martínez López. Con Adolfo Allegue Allegue participou na execución do xefe local da Falange de Mugardos Esteban Cortizas Vilar o 23 de xaneiro de 1946. Negouse a marchar a Francia en 1946. Defensor da unidade de acción sen ter en conta a filiación política, foi eliminado en 1951 por orde do responsable Francisco Rey Balbís, ao que se tiña oposto moitas veces. Segundo outras fontes, tería sido executado polos seus compañeiros como consecuencia dunha violación.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. La Voz de Galicia, 29-6-1937, p. 6.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Redondo Abal, Francisco Xavier (2006). Botarse ao monte. Censo de guerrilleiros antifranquistas na Galiza (1939-1965). Sada: Do Castro. ISBN 84-8485-231-8. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]