Saltar ao contido

Ramiro Martínez López

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaRamiro Martínez López
Biografía
Nacemento1902 Editar o valor en Wikidata
O Areal, España Editar o valor en Wikidata
Mortevalor descoñecido Editar o valor en Wikidata
valor descoñecido Editar o valor en Wikidata
Outros nomesZapateiro Editar o valor en Wikidata
ResidenciaO Peón Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmaquis Editar o valor en Wikidata
Membro de
Carreira militar
Conflitoguerra civil española Editar o valor en Wikidata

Los de la sierra: 4864

Ramiro Martínez López, coñecido como Zapateiro, nado no Areal (Cabanas) o 5 de abril de 1903, foi un guerrilleiro antifranquista galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Veciño do Peón (Laraxe). Na II República detivérono en xaneiro de 1934 por participar nunha reunión clandestina da CNT en Neda.[1] Logo da vitoria da Fronte Popular en febreiro de 1936 foi nomeado concelleiro de Cabanas. Escapou ao monte ao producirse o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936. Integrouse no grupo de José Vázquez Mauriz e foi un dos coordinadores dos primeiros grupos guerrilleiros da comarca do Eume. Despois integrouse na IV Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia. Desertou da guerrilla en xaneiro de 1947 e entregouse ás autoridades. Pero ao non querer denunciar a ninguén, tivo que volver fuxir ao monte. Acabou tolo e foi detido o 10 de maio de 1951. Xulgado en Ferrol en consello de guerra o 24 de abril de 1952, foi condenado a 20 anos de prisión. Indultado, saíu en liberdade provisional en 1957.

  1. El Pueblo Gallego, 30-1-1934, p. 15.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Redondo Abal, Francisco Xavier (2006). Botarse ao monte. Censo de guerrilleiros antifranquistas na Galiza (1939-1965). Sada: Do Castro. ISBN 84-8485-231-8.