Florentino Menéndez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Florentino Menéndez Palacio»)
Infotaula de personaFlorentino Menéndez
Biografía
Nacemento1922 Editar o valor em Wikidata
Langreu, España Editar o valor em Wikidata
Morte19 de maio de 1948 Editar o valor em Wikidata (25/26 anos)
Teo, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Outros nomesTino
Asturiano Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmembro da resistencia Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
ConflitoGuerra civil española Editar o valor em Wikidata

Florentino Menéndez Palacio, coñecido como Tino ou Asturiano, nado en Los Cuarteles de Peñarrubia (Lada, Langreu) cara a 1922 e finado en Teo o 19 de maio de 1948, foi un guerrilleiro antifranquista.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Antigo guerrilleiro do grupo Os Caxigales que operaba na zona central de Asturias. Desprazouse a Galicia como traballador nas minas de Fontao, onde se incorporou á dirección do PCE en Galicia que viña de reorganizar Víctor García García "Brasileño". Dende 1947 integrouse na V Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia liderada por Benigno Andrade "Foucellas" e José Remuiñán Barreiro "Ricardito". O grupo foi avistado pola Garda Civil en Loureiro (Luou) o 19 de maio de 1948. A benemérita incendiou a casa onde se refuxiaban os guerrilleiros e Florentino morreu polos disparos das metralladoras xunto a Manuel Agrasar Cajaraville, Vicente López Novo e Ricardo Fernández Carles; tamén morreu o garda civil Manuel Gardón Castro. "Foucellas" e "Ricardito" lograron fuxir.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Redondo Abal, Francisco Xavier (2006). Botarse ao monte. Censo de guerrilleiros antifranquistas na Galiza (1939-1965). Sada: Do Castro. ISBN 84-8485-231-8. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]