Luou, Teo
| Luou | |
|---|---|
Igrexa parroquial | |
| Concello | Teo[1] |
| Provincia | A Coruña |
| Coordenadas | 42°48′12″N 8°35′03″O / 42.8032, -8.5843 |
| Área | 8,7 km² |
| Poboación | 963 hab. (2019) |
| Densidade | 110,69 hab./km² |
| Entidades de poboación | 13[1] |
| [ editar datos en Wikidata ] | |
Santa María de Luou é unha parroquia que se localiza no centro do concello de Teo. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 875 habitantes distribuídos en 13 entidades de poboación en 8,7[2] km², o que supón un aumento importante en relación ao ano 1999 cando tiña 866 habitantes. Ten unha superficie de 680 hectáreas.
Situación
[editar | editar a fonte]Luou pertenceu á xurisdición territorial da Maía, da desaparecida provincia de Santiago.
Debido á súa proximidade con Santiago de Compostela, capital de Galiza, da que dista uns escasos 7 km é unha zona moi apetecida, xurdindo varias urbanizacións que lle dan un aspecto residencial a esta parroquia eminentemente rural. Está comunicada coa capital por un servizo permanente de autobuses.
Patrimonio histórico-artístico
[editar | editar a fonte]As vías romanas tiñan o seu paso pola parroquia. Dende o Castro Lupario, saía unha vía romana que pasaba polo Espiño e Cornide (Calo) e introducíase na parroquia de Luou por Seixos, Espasande, A Igrexa, Paraxó e Ponte do Aido. Esta vía seguía ata Asseconia, con outra vía do primeiro itinerario de Antonino.
Vestixios dos devanceiros son: os petróglifos de Loureiro, a Eira dos Mouros próxima a Loureiro e a Mamoa de Trasellas. Tamén teñen un valor estimable varios cruceiros espallados pola parroquia.
A Igrexa está edificada onde estivo a Capela de Santa Margarita, despois de que fora trasladada desde Loureiro. Segundo se conta, dada a súa pouca capacidade, cura e veciños acordaron construír unha nova no ano 1788. A igrexa actual de Santa María de Luou data do segundo terzo do século XIX. A torre foi construída polos mestres canteiros Francisco Casal e Juan Casal. Este tamén construíu a igrexa de Bamonde e a capela de Santa Eufemia de Oza ámbalas dúas tamén no concello de Teo.
É destacable polo seu valor histórico o edificio sito na aldea da Igrexa que se coñece co nome de "Sindicato de Agricultores y Ganaderos de Luou". Edificio construído entre os anos 1905 e 2005 a expensas dos emigrados en América. Posteriormente e enmarcado na "Red Nacional de Teleclubs" no tempo do ministro Fraga iniciou a súa actividade o Teleclub de Luou aló polo ano 1968. O Teleclub desenvolveu actividades perante varios anos nos que cabe destacar a emisión da revista cultural "Noso Tempo". Posteriormente esmoreceu ata que polo ano ano 1982 nace a "Comisión cultural de Luou" sendo esta o xermolo da actual "Asociación Cultural A Mamoa" que desenvolve unha intensa actividade na dinamización da actividade cultural da parroquia.
Festas
[editar | editar a fonte]Na parroquia de Luou celébranse seis festas anuais: 22 de maio, Santa Rita; 20 de xullo, importante romaría de Santa Margarida con moitos devotos nas zonas de Padrón e Rianxo e á que Rosalía de Castro lle ten dedicados uns versos; 15, 16 e 17 de agosto, as festas patronais e o 24 de agosto, San Bertolameu.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]- Vexa o artigo principal en: Galería de imaxes de Luou, Teo
- Vista
- Cemiterio
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Luou
[editar | editar a fonte]| Lugares da parroquia de Luou no concello de Teo (A Coruña) | |
|---|---|
|
O Aido | Bustelo | Cantoña | Caxade | Espasande | A Igrexa | A Insua | Loureiro | Nespereira | Paraxó | Quintáns | Regoufe | Trasellas |
Parroquias de Teo
[editar | editar a fonte]| Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Teo | |
|---|---|
|
Bamonde (Santa María) | Cacheiras (San Simón de Ons) | Calo (San Xoán) | Lampai (Santa María) | Lucí (Santa Mariña) | Luou (Santa María) | Oza (Santa Baia) | Rarís (San Miguel) | Recesende (San Xoán) | Reis (San Cristovo) | Teo (Santa María) | Vilariño (San Tomé) Non aparecen no Nomenclátor de 2003: Os Tilos (San Francisco de Asís) |
Notas
[editar | editar a fonte]- 1 2 DECRETO 189/2003, do 6 de febreiro, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia da Coruña.
- ↑ Páxina oficial do concello de Teo Arquivado 31 de xaneiro de 2015 en Wayback Machine., datos das parroquias