Lisardo Freixo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Lisardo Freijo López»)
Lisardo Freixo
AlcumeTenente Freixo
Lugar de nacementoDoncos
Falecemento26 de xuño de 1946
Lugar de falecementoAranga
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónmembro da resistencia
editar datos en Wikidata ]

Lisardo Freijo López, coñecido como Tenente Freixo, nado en Doncos (As Nogais) e finado en Aranga o 26 de xuño de 1946, foi un guerrilleiro antifranquista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Loitou durante a Guerra civil co exército republicano na fronte de Asturias, onde acadou o grao de tenente. Trala guerra organizou en 1943 un grupo guerrilleiro que actuaba nas bisbarras de Curtis e Ordes. Ao ano seguinte integrouse, co nome de Destacamento Santiago Álvarez, na IV Agrupación Guerrilleira baixo as ordes de Marrofer actuando entre Arzúa e Melide. Do seu grupo fixo parte Foucellas. Morreu o 26 de xuño de 1946 xunto a Marrofer e outros guerrilleiros nun enfrontamento coa Garda Civil en Milreu. Foi substituído á fronte do destacamento por Samuel Mayo Méndez.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]