William Jardine
William Jardine | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 23 de febreiro de 1800 |
Lugar de nacemento | Edimburgo |
Falecemento | 21 de novembro de 1874 |
Lugar de falecemento | Edimburgo |
Nacionalidade | Británica |
Alma máter | Universidade de Edimburgo |
Ocupación | Naturalista |
Pai | Sir Alexander Jardine of Applegirth, 6th Bt. |
Nai | Janet Dorcas Maule |
Cónxuxe | Hyacinth Symonds Hooker e Janes Home Lizars |
Fillos | Catherine Strickland, Jane Hume Jardine, Margaret Ellen Hossells Jardine, Sir Alexander Jardine, 8th Baronet, Ellen Jardine, William Jardine e Charles John Jardine |
Premios | membro da Royal Society |
Na rede | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Sir William Jardine, nado o 23 de febreiro de 1800 en Edimburgo, e finado na mesma cidade o 21 de novembro de 1874, foi un nobre (7º baronet de Applegirth) e naturalista escocés.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Jardine contribuíu considerabelmente á vulgarización da historia natural no Reino Unido vitoriano, editando a moi popular The Naturalist's Library (en corenta volumes). Esa obra está dividida en catro partes principais: ornitoloxía, mamiferoloxía, entomoloxía e ictioloxía. Cada parte foi preparada por eminentes naturalistas. Entre os artistas que colaboraron nese proxecto está Edward Lear (1812-1888).
Outras publicacións de Jardine son:
- Natural History of Selborne de Gilbert White (1720-1793) (o que contribuíu ao recoñeeimento deste naturalista).
- Illustrations of Ornithology (1825-1843).
- Tamén colaborou na publicación de Birds of America de Alexander Wilson (1766-1813).
Jardine foi o autor de numerosas descricións de especies de aves, moitas delas en colaboración co seu amigo Prideaux John Selby (1788-1867).
Abreviatura[editar | editar a fonte]
A abreviuatura Jardine emprégase para recoñecer a William Jardine como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: William Jardine ![]() |
![]() |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: William Jardine |
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Christine Elisabeth Jackson & Peter Davis (2001): Sir William Jardine: a life in natural history. Leicester: Leicester University Press. ISBN 0-7185-0164-0.
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Obituario, en Nature, Vol. 11, 74-76, 26 de novembro de 1874.
- Obituario, en Osbert Salvin (Editor), Ibis, Quarterly Journal of Ornithology, Vol. V, páx. 522, 1875.
- Jardine, Sir William (1838). Natural History of the Birds of Great Britain and Ireland. Part I. Birds of Prey. vol. 9. Edinburgh: W. H. Lizars.
- "Sir William Jardine" litografía por Thomas Herbert Maguire, impresa por M. & N. Hanhart c. 1851 na National Portrait Gallery.
- Jardine, William (1833): The natural history of humming-birds, vol. 1 - facsímile dixital da biblioteca Linda Hall.