Hieronymus Bock
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1498 Heidelsheim (Sacro Imperio Romano Xermánico) |
Morte | 21 de febreiro de 1554 (55/56 anos) Hornbach (Sacro Imperio Romano Xermánico) |
Relixión | Luteranismo |
Educación | Universidade de Heidelberg |
Actividade | |
Campo de traballo | Botánica |
Ocupación | botánico, entomólogo, ministro, médico |
Obra | |
Abreviación dun autor en botánica | H.Bock |
Descrito pola fonte | Allgemeine Deutsche Biographie (pt) Obálky knih, Medvik >>>:Bock, Hieronymus, 1498-1554, |
Hieronymus Bock, tamén coñecido como Jerome Bock ou como Hieronymus Tragus, nado en 1498 e finado o 21 de febreiro de 1554, foi un botánico, médico e ministro luterano alemán.
Como botánico, comezou a transición da botánica medieval á científica moderna, clasificando as plantas segundo a súa relación ou semellanza. A súa obra de 1546 Kreuterbuch ou "herbario" foi ilustrada polo artista David Kandel. No mundo do viño, Bock foi o primeiro en usar a palabra moderna Riesling ,en 1552, en que a mencionou no seu Neu Kreuterbuch.[1]
Os detalles da súa vida son incompletos, particularmente respecto á súa formación académica. En 1519 inscribiuse na universidade de Heidelberg. En 1523 casou con Eva Victor.
Durante nove anos foi o custodio dos documentos do Palatinado, en Zweibrücken. Posibelmente nesta época orixinouse o seu interese pola botánica. En 1532 converteuse no médico do príncipe, e recibiu un posto de por vida como ministro luterano nunha aldea próxima (Hornbach) onde permaneceu até a súa morte en 1554.
A primeira edición do seu Kräutterbuch (literalmente, libro de plantas) apareceu en 1539 sen ilustrar. Os seus obxectivos eran describir as plantas alemás, incluíndo os seus nomes, características e aplicacións médicas. En lugar de seguir a Dioscórides, como era tradicional, desenvolveu o seu propio sistema de clasificación de 700 plantas. Bock viaxou, ao parecer, extensamente por Alemaña observando as plantas, xa que no seu libro inclúe observacións ecolóxicas e corolóxicas.
Honras
[editar | editar a fonte]- Charles Plumier dedicoulle un xénero de euforbiáceas, Tragia.
- Albrecht von Haller dedicoulle un xénero de poáceas, Tragus.
Abreviaturas
[editar | editar a fonte]A abreviatura H. Bock emprégase para indicar a Hieronymus Bock como autoridade na descrición e clasificación científica dos vexetais´
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Oz Clarke (2001): The enciclopaedia of Grapes. ISBN 0-15-100714-4 páx. 192
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Hieronymus Bock |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Duane Isely (1994): One hundred and one botanists. Iowa State University Press.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Kräutterbuch dixitalizado, Université Louis Pasteur de Estrasburgo.
- Cicinnati Historical Society. Hiernonymus Bock Arquivado 12 de novembro de 2020 en Wayback Machine. (en inglés)