Saltar ao contido

Ernst Haeckel

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaErnst Haeckel
Biografía
Nacemento(mul) Ernst Heinrich Philipp August Haeckel Editar o valor en Wikidata
16 de febreiro de 1834 Editar o valor en Wikidata
Potsdam (Reino de Prusia) Editar o valor en Wikidata
Morte9 de agosto de 1919 Editar o valor en Wikidata (85 anos)
Jena (República de Weimar) Editar o valor en Wikidata
Reitor da Universidade de Jena
outubro de 1884 – abril de 1885
← Johann Georg Anton GeutherWilhelm Müller (en) Traducir →
Reitor da Universidade de Jena
abril de 1876 – outubro de 1876
← Wilhelm Müller (en) TraducirMoritz Schmidt → Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónUniversidade Frederico Guillerme de Berlín
Universidade Humboldt de Berlín Editar o valor en Wikidata
Director de teseJohannes Peter Müller Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoAntepasado común Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónbiólogo, ictiólogo, profesor universitario, botánico, fotógrafo, explorador, escritor, ornitólogo, naturalista, médico, ecoloxista, zoólogo, filósofo, coleccionista de plantas Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de Jena, catedrático Editar o valor en Wikidata
Membro de
Interesado enAnatomía comparada Editar o valor en Wikidata
ProfesoresAlbert von Kölliker, Franz von Leydig e Rudolf Virchow Editar o valor en Wikidata
AlumnosOscar Hertwig, Nicholas Miklouho-Maclay (pt) Traducir e Heinrich Höhr (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Obra
DoutorandoHans Adolf Eduard Driesch, Arnold Lang, Otto Schmiedeknecht, Emílio Augusto Goeldi (pt) Traducir e Hans Friedrich Gadow Editar o valor en Wikidata
Abreviación dun autor en botánicaHaeckel Editar o valor en Wikidata
Abreviatura do autor en zooloxíaHaeckel Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeAnna Sethe
Agnes Huschke Editar o valor en Wikidata
FillosWalter Haeckel
 () Agnes Huschke
Elisabeth Haeckel
 () Agnes Huschke Editar o valor en Wikidata
PaiCarl Haeckel Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteDicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Biblioteca dixital BEIC
Enciclopedia de Otto Editar o valor en Wikidata
Enciclopedia Galega Universal: 133188 BNE: XX1299881 Musicbrainz: ec9955c3-3d0b-44c9-909d-16c7d0395c05 Discogs: 2098306 WikiTree: Haeckel-3 Editar o valor en Wikidata

Ernst Heinrich Philipp August Haeckel, nado en Potsdam, Brandeburgo, no Reino de Prusia, o 16 de febreiro de 1834 e finado en Jena, Estado de Turinxia, na República de Weimar, o 9 de agosto de 1919, foi un biólogo e filósofo alemán que popularizou o traballo de Charles Darwin en Alemaña e propuxo novos termos como phylum, ecoloxía ou disteleoloxía. En 1868, Haeckel usou por primeira vez nunha publicación científica o termo alemán Stammzelle (traducible como “célula nai” ou “célula tronco”) para aludir a unha célula ancestral, considerando o óvulo fecundado como a célula que da lugar a todos os descendentes.[1][2]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Teorías científicas

[editar | editar a fonte]

Haeckel formulou en 1866 a teoría da recapitulación, hoxe desacreditada, segundo a cal o desenvolvemento dun embrión de cada especie repite o desenvolvemento evolutivo desa especie totalmente.[3]

Haeckel avogaba que as razas "primitivas" estaban na súa infancia e precisaban a supervisión e protección de sociedades máis maduras, da que extrapolou unha nova filosofía, que denominou monismo, , coa que procuraba unha visión unificada da natureza, a bioloxía e a sociedade. Algúns dos seus escritos sobre diferenzas raciais e a súa concepción evolucionista foron reinterpretados posteriormente por autores do século XX, e utilizados como parte das xustificacións pseudocientíficas do racismo, o socialdarwinismo e estiveron na base das teorías racistas do nacional-socialismo, aínda que Haeckel falecera en 1919, anos antes do ascenso do nazismo.[4]

Logo da publicación do On the Origin of Species by Means of Natural Selection de Darwin, cando aínda non se atopara ningún antepasado dos humanos, Haeckel postulaba que as evidencias da evolución humana se podían atopar nas Indias Orientais Holandesas. Describiu esas teorías con gran detalle, sostendo que simios e humanos tiñan unha orixe común. Tiña que haber, polo tanto, un elo intermedio, ao que lle deu o nome de home simio ou Pithecanthropus alalus (“home simio sen fala”).

Localizou o lugar da súa aparición fora Lemuria, un continente que segundo crenza do século XIX afundira no océano Índico en épocas remotas, e dende alí se espallara polos outros continentes. Fascinado pola súa propia teoría encargou aos seus estudantes atopar o elo perdido, e un deles, Eugène Dubois, fíxoo ao atopar o coñecido como Home de Xava, ao que deu o nome de Pithecanthropus, aínda que máis tarde foi reclasificado como Homo erectus.[3]

Obra artística e de ilustración científica

[editar | editar a fonte]

Ademais do seu traballo científico, Haeckel destacou como ilustrador. A partir de 1889 publicou a serie Kunstformen der Natur (Formas artísticas da natureza), un conxunto de 100 estampas editadas en dez fascículos e reunidas en dous volumes en 1904.[5][6]

As súas ilustracións, cheas de formas xeométricas e estilizadas de esponxas, radiolarios, medusas e plantas microscópicas, tiveron un forte impacto no modernismo e no movemento Art Nouveau.[6][7] Para Haeckel, arte, ciencia e filosofía eran vías complementarias de coñecemento, e a súa obra buscaba tanto divulgar a bioloxía evolutiva como amosar a beleza das estruturas naturais.[8]

Segundo o historiador Olaf Breidbach, Kunstformen der Natur non foi só un libro de ilustracións, senón tamén a síntese da súa visión do mundo, fortemente marcada polo darwinismo.[9]

  1. Haeckel, Ernst Heinrich Philipp August (1877). Anthropogenie; oder, Entwickelungsgeschichte des menschen, Keimes- und stammesgeschichte. Leipzig, W. Engelmann. 
  2. M. Ramalho-Santos (2007). "On the Origin of the Term “Stem Cell”" (en inglés). 
  3. 3,0 3,1 Gould, Stephen Jay (1977). Ontogeny and phylogeny. Cambridge, Mass. : Belknap Press of Harvard University Press. ISBN 978-0-674-63940-9. 
  4. Gasman, Daniel (1971). The scientific origins of National Socialism: social Darwinism in Ernst Haeckel and the German Monist League. London, Macdonald & Co.; New York, American Elsevier. ISBN 978-0-444-19664-4. 
  5. "Formas artísticas de la naturaleza". academia-lab.com (en castelán). Consultado o 2025-09-24. 
  6. 6,0 6,1 Open Culture (ed.). "Ernst Haeckel’s Sublime Drawings of Flora & Fauna: The Beautiful Scientific Drawings That Influenced Europe’s Art Nouveau Movement". openculture.com (en inglés). Consultado o 24 de setembro de 2025. 
  7. "Grand entrance, Exposition Universal, 1900, Paris, France à Paris 1er". Cartorum (en francés). Consultado o 2025-09-24. 
  8. "Ernst Haeckel. Kunst und Wissenschaft. 45th Ed. TASCHEN Verlag". www.taschen.com (en alemán). Consultado o 2025-09-24. 
  9. "Visions of Nature: The Art and Science of Ernst Haeckel". searchworks-lb.stanford.edu. Consultado o 2025-09-24. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Breidbach, Olaf (2006). Visions of Nature: The Art and Science of Ernst Haeckel. Prestel. ISBN 3-7913-3655-0.
  • Gasman, Daniel (1971). The Scientific Origins of National Socialism. MacDonald. ISBN 978-0-02-911370-4.
  • Gould, Stephen Jay (1977). Ontogeny and Phylogeny. Harvard University Press. ISBN 0-674-63751-8.
  • Willmann, Rainer (2017). The Art and Science of Ernst Haeckel. Taschen. ISBN 978-3-8365-6753-1.

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]