Naturalis Historia
Naturalis Historia | |
---|---|
Título orixinal | Naturalis historia |
Autor/a | Plinio o Vello |
Orixe | Imperio Romano |
Lingua | lingua latina |
Tema(s) | historia natural |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Naturalis Historia (ou Historia Natural) é un tratado escrito por Plinio o Vello entre os anos 77 e 79. O prefacio da obra dá a data exacta do seu inicio, cando Tito foi cónsul por sexta vez (seis cónsules).[1] Plinio chama á súa obra Libri Naturalis Historiae (Libros de Historia Natural),[2] e o seu sobriño Plinio o Mozo, que foi o editor, chámaa Naturae Historiarum Libri (Libros de Historia Natural).[3] Plinio morreu no 79, e o seu sobriño, que recolleu datos dispersos, debeu de telo publicado ese mesmo ano.
Estrutura da obra
[editar | editar a fonte]Na súa forma actual, a Historia Natural consta de 37 libros. O primeiro inclúe un prefacio descritivo e índices, así como unha relación das súas fontes, que precederon orixinalmente a cada un dos libros publicados por separado. A distribución do traballo é a seguinte:
|
|
Publicación
[editar | editar a fonte]Ao parecer, Plinio publicou os dez primeiros libros por conta propia, en 1977, e revisou e ampliou o resto durante os dous anos restantes da súa vida. A súa obra probablemente foi publicada, con pouca ou ningunha revisión, polo seu sobriño, Plinio o Mozo. A falta dunha revisión final pode explicar en parte as numerosas repeticións, algunhas contradicións e erros nas pasaxes extraídas dos autores gregos, así como a inserción de engadidos marxinais en lugares incorrectos do texto.
Fontes utilizadas por Plinio
[editar | editar a fonte]Plinio di que compuxo a súa obra despois de ler dous mil volumes correspondentes a máis de cen autores escollidos.[4] Segundo explica Marçal Olivar, (tradutor ao catalán desta obra e autor da introdución), unha estatística extraída das listas do propio Plinio fai referencia a 146 autores latinos e a 327 autores estranxeiros.
Os autores máis utilizados por Plinio son:[5]
- Posidonio ( Poseidonius, Ποσειδώνιος), directamente ou a través de Varrón e do De natura deorum de Cicerón.
- Diágoras (Diágoras, Διαγόρας), un médico grego que menciona varias veces a Plinio o Vello, e que probablemente viviu no século III a. C. e puido ser orixinario de Chipre (Erotián menciona a un médico chipriota chamado Diagoras). Tamén é mencionado por Erasístrato e Aecio, que conservaron unha das súas fórmulas.
Tamén cabe destacar Aristóteles, Teofrasto, Catón, sobre todo no que se refire á agricultura, Virxilio, Ovidio, Vitruvio, Celso, Columela e Pomponio Mela.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Naturalis Historia |
A Galicitas posúe citas sobre: Naturalis Historia |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Història Natural, Vol. I: libros I-II; Plinio. ISBN 978-84-7225-921-8 .
Outros artigos
[editar | editar a fonte]- Botris (médico)
- Plinio o Vello
- Plinio o Novo
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Naturalis Historia (en latín)