Henry Walter Bates
Henry Walter Bates | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 8 de febreiro de 1825 |
Lugar de nacemento | Leicester |
Falecemento | 16 de febreiro de 1892 |
Lugar de falecemento | Londres |
Causa | doenza respiratoria |
Soterrado | Cemitério de East Finchley |
Nacionalidade | Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda |
Ocupación | explorador, lepidopterólogo, zoólogo, ecoloxista, entomólogo e naturalista |
Irmáns | Frederick Bates |
Premios | membro da Royal Society, Fellow of the Geological Society of London e Fellow of the Linnean Society of London |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Henry Walter Bates, nado en Leicester o 8 de febreiro de 1825 e finado en Londres o 16 de febreiro de 1892, foi un naturalista e explorador británico, famoso pola súa expedición ao Amazonas con Alfred Russel Wallace en 1848, en 1863 publica The Naturalist on the River Amazons.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Wallace regresara a Europa en 1852, pero perdeu a súa colección nun naufraxio, cando Bates chegou sete anos despois, levaba 14 000 espécimes (a maioría insectos), dos que 8 000 eran novos para a ciencia.
En 1863 fornece a primeira confirmación da teoría da evolución de Charles Darwin ao publicar un artigo sobre a teoría do mimetismo, The imitation by a species of other life forms or inanimate objects, onde describe unha especie de bolboreta amazónica que evolúe para adoptar as cores doutra especie veciña á que non atacan os paxaros. Este tipo de mimetismo denominouse na súa honra mimetismo batesiano.