Hans Sloane
Hans Sloane | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 16 de abril de 1660 e 10 de abril de 1660 |
Lugar de nacemento | Killyleagh |
Falecemento | 11 de xaneiro de 1753 e 11 de xaneiro de 1752 |
Lugar de falecemento | Chelsea |
Soterrado | Chelsea Old Church |
Nacionalidade | Reino de Gran Bretaña e Reino Unido |
Ocupación | médico, botánico, ornitólogo, zoólogo, explorador, numismático, naturalista, coleccionista e entomólogo |
Pai | Alexander Sloane |
Nai | Sarah Hicks |
Cónxuxe | Elizabeth Langley |
Fillos | Hans Sloane, Mary Sloane, Sarah Sloane e Elizabeth Sloane |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Hans Sloane, nado en Killyleagh, reino de Irlanda, o 16 de abril de 1660 e finado en Chelsea, Gran Londres, Inglaterra, o 11 de xaneiro de 1753 foi un médico e naturalista irlandés, de orixe escocesa e británica. No 1727 sucedeu a Isaac Newton na presidencia da Royal Society, cargo que mantivo até o 1741.
Legou ao rei Xurxo II de Gran Bretaña a súa colección de plantas e outros artefactos (recollidos principalmente durante a súa viaxe a Madeira, Barbados, S. Kitts e Nevis e Xamaica), que constituíron o núcleo do que se converteu no Museo Británico de Londres. Tamén parece ser o inventor do chocolate quente e a praza de Sloane Square (Kensington e Chelsea) está dedicada a el.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Naceu en Killyleagh, condado de Down, Irlanda do Norte, onde o seu pai dirixía a colonia de escoceses enviada á illa polo rei Xacobe VI de Escocia e I de Inglaterra. Dende moi novo amosou a súa paixón polo coleccionismo con especial atención a obxectos curiosos e insólitos. De maior, esta tendencia levouno a interesarse pola medicina e por iso trasladouse a Londres onde comezou a estudar botánica e farmacia. As súas notábeis coleccións foron importantes temas de estudo para o naturalista John Ray e para o gran químico e físico Robert Boyle.

En 1683 Sloane emprendeu unha longa viaxe a Francia para continuar os seus estudos de medicina e botánica e onde se licenciou en 1684, onde coñeceu a algúns dos botánicos máis importantes da época, como Joseph Pitton de Tournefort e Pierre Magnol. Sloane quedou fascinado pola continua investigación destes dous botánicos de novas especies vexetais, e converteuno nun auténtico método de estudo. En 1685 volveu a Inglaterra, onde se converteu en membro da recentemente formada Royal Society, e así puido entrar en contacto co médico Thomas Sydenham, que o converteu no seu alumno. En 1687 converteuse en membro do Royal College of Physicians e aceptou unha oferta para acompañar ao barón Lansdowne na súa expedición a Xamaica, despois de publicar The Natural History of Jamaica en 1707.[1] Antes de marchar Sloane recibiu tanto do seu amigo Ray como de Robert Boyle a tarefa de recoller o maior número de mostras de estudo posibles, e durante o traxecto de tres meses dedicouse ao estudo da fosforescencia da auga do mar (ardora) e dos hábitos migratorios das aves acuáticas. As publicacións de Sloane foron ilustradas polo pintor e naturalista Eleazar Albin.[2]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ James Poskett, edición en inglés "The Natural History of Jamaica"; versión en italiano "Orizzonti, Una storia globale della scienza", 2022, trad. Alessandro Manna, páx. 164, Einaudi, Torino, ISBN 978 8806 25148 2
- ↑ "Albin Eleazar". www.summagallicana.it (en inglés).
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
A Galifontes posúe textos orixinais acerca de: Hans Sloane |
Wikisource contén unha páxina en lingua inglesa dedicada a Hans Sloane
Wikispecies contén información sobre Hans Sloane
![]() |
A Galipedia ten un portal sobre: Irlanda |
![]() |
A Galipedia ten un portal sobre: Escocia |
![]() |
A Galipedia ten un portal sobre: Reino Unido |
Outros artigos[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
![]() |
Este artigo sobre bioloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |