Saltar ao contido

Bernard-Germain de Lacépède

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaBernard-Germain de Lacépède

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(fr) Bernard Germain de Lacépède
(fr) Bernard-Germain de Lacépède Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento26 de decembro de 1756 Editar o valor en Wikidata
Agen (Reino de Francia) Editar o valor en Wikidata
Morte6 de outubro de 1825 Editar o valor en Wikidata (68 anos)
Épinay-sur-Seine (Restauración Francesa) Editar o valor en Wikidata
Causa da morteVaríola Editar o valor en Wikidata
113º Presidente Academia francesa das ciencias
1 de xaneiro de 1811 – 31 de xaneiro de 1811
← Gaspard de PronyPierre Simon Laplace →
95º Presidente Academia francesa das ciencias
1797 – 1798
← Charles Louis de Fourcroy (pt) TraducirCharles Bossut →
Deputado da Asemblea Nacional
1791 – 1792
Grand Chancellor of the Legion of Honour (en) Traducir
Par de Francia
Par de Francia
Membro do Senado Conservador
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
Actividade
Campo de traballoIctioloxía Editar o valor en Wikidata
Lugar de traballo París Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpolítico, catedrático, escritor, ornitólogo, ictiólogo, compositor, naturalista, zoólogo, herpetólogo Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de París Editar o valor en Wikidata
Membro de
Xénero artísticoÓpera Editar o valor en Wikidata
MovementoMúsica clásica Editar o valor en Wikidata
Pseudónimo literarioM. P. D. L. C. Editar o valor en Wikidata
Obra
Abreviatura do autor en zooloxíaLacépède Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloConde Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteNordisk familjebok
Obálky knih,
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Editar o valor en Wikidata
BNE: XX835172

Bernard Germain Étienne de Laville-sur-Illon, conde de Lacépède, ás veces chamado de la Cépède, nado en Agen, Francia o 26 de decembro de 1756 e finado en Épinay-sur-Seine, Francia o 6 de outubro de 1825, foi un zoólogo, político e músico francés.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

A súa familia pertencía á vella nobreza de Agen. Orfo de nai moi novo, foi o seu pai, Jean-Joseph Médard, conde de La Ville, o que encargou da súa educación. Herdou o apelido Lacépède dun tío que lle legou a súa fortuna coa condición de que conservara o seu patronímico.

Consagrado desde moi novo ao estudo da filosofía e a música, e de carácter pouco sociábel, as lecturas da Histoire Naturelle de Buffon e a súa posterior amizade con este inclinaríano ao estudo das ciencias naturais.

Residente en París desde 1777, en 1785 Buffon recomendouno para un posto no Jardin du Roi, e alentouno para que continuara aumentando e complementando a Histoire Naturelle. Mentres tanto, o seu principal entretemento seguía sendo a música. Ademais de converterse nun notable executante de piano e órgano, abordou a composición, sendo autor de cinco óperas: Armide (1777, perdida), Omphale (1783, non publicada), Scanderbeg (ca. 1785, destruída polo autor), Cyrus (ca. 1785) e Alcine (1786, non publicada). Algunhas delas mereceran os eloxios de Gluck.

Publicou numerosas obras de historia natural, especialmente sobre fauna mariña. Entre 1787 e 1789 apareceu a súa Histoire naturelle des quadrupèdes ovipares et des serpens, a primeira obra de envergadura sobre anfibios e réptiles destinada a un público masivo. As súas ilustracións eran mediocres, e non mellorou a taxonomía destes animais, polo que neste campo o traballo de Josephus Nicolaus Laurenti (1735-1805), aínda que máis antigo (1768), é notabelmente superior. A pesar destas limitacións, a obra de Lacépède contribuíu a alentar o estudo destas especies.

Despois da Revolución francesa, Lacépède foi elixido membro da asemblea lexislativa. Oposto a Robespierre, para salvar a súa vida exiliouse durante o período do Terror. Contra 1795 regresou a París; nese ano converteuse en secretario perpetuo da Académie des sciences, e retornou ao Jardin du Roi (renomeado daquela Muséum national d'histoire naturelle e coñecido como Xardín das plantas). Cando a cátedra de vertebrados se dividie en dúas, faise cargo da nova cátedra de ictioloxía e herpetoloxía que formalmente ocuparía até a súa morte, aínda que na práctica sería substituído en 1803 por André Marie Constant Duméril. Tamén foi director do Museum un ano, entre 1795 e 1796.

En 1798 publicou o primeiro volume da súa Histoire naturelle des poissons, cuxo quinto e último volume apareceu en 1803. Ao tempo, dedica cada vez máis a súa actividade á política, até abandonar todos os traballos de investigación e ensinanza en 1803. En 1799 Napoleón Bonaparte proponlle ser ministro do Interior; rexeitou o cargo, pero aceptou ser senador, e foi presidente do Senado en 1801. En 1804 foi ministro de Estado. Continuou en varias funcións políticas, entre elas o desenvolvemento social e financeiro da Lexión de Honor, da que foi o primeiro gran cabaleiro (desde 1803) e o primeiro chanceler. Coa caída de Napoleón retirouse da vida política, dedicando os dez últimos anos da súa vida á escritura dunha historia da humanidade. A súa última obra, Les âges de la nature et l'histoire de l'espèce humaine, quedou inconclusa; vítima dunha epidemia de varíola, morreu na súa herdade de Épinay na noite entre o 6 e o 7 de outubro de 1825.

Bibliografía parcial

[editar | editar a fonte]
  • Essai sur l'électricité naturelle et artificielle (1781)
  • Physique générale et particulière (1782-1784)
  • Théorie des comètes, pour servir au système de l'électricité universelle (1784)
  • La poétique de la musique, 2 vols. (1781 e 1785)
  • Histoire naturelle des quadrupèdes ovipares et des serpens, 2 vols. (1788-1789)
  • Vues sur l'enseignement public (1790)
  • Histoire naturelle des poissons, 5 vols. (1798-1803)
  • Tableau des divisions, sous-divisions, ordres et genres des mammifères (1798)
  • La Ménagerie du Muséum national d'histoire naturelle (1801)
  • Histoire naturelle des cétacées (1809)
  • Ellival et Caroline (1816)
  • Charles d'Ellival et Alphonsine de Florentino (1817)
  • Vue générale des progrès de plusieurs branches des sciences naturelles, depuis la mort de Buffon... (1818)

Escritos póstumos

[editar | editar a fonte]
  • Histoire générale, physique et civile de l'Europe, depuis les dernières années du Viéme siècle jusque vers le milieu du XVIIIiéme, 18 vols. (1826)
  • Histoire naturelle de l'homme, précédée de son éloge historique par M. le Baron G. Cuvier (1827)
  • Les âges de la nature et l'histoire de l'espèce humaine (fragmentos publ. en 1830)

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Georges Cuvier. Éloges historiques de MM. de Saussure, Pallas, Hauy, de Lacépède et Cavendish. Theissing, Münster 1876
  • Ora Frishberg Saloman. Aspects of "Gluckian" operatic thought and practice in France. Ann Arbor 1984
  • Louis Roule. Lacépède, professeur au Muséum, premier grand chancellier de la Légion d'honneur, et la sociologie humanitaire selon la nature. Flammarion, París 1932