Mary Anning

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Mary Anning
Mary Anning painting.jpg
Mary Anning nun cadro
Datos persoais
Nacemento21 de maio de 1799
LugarLyme Regis, Dorset, Inglaterra Inglaterra
Falecemento9 de marzo de 1847
LugarLyme Regis
CausaCancro de mama
ResidenciaInglaterra
NacionalidadeInglesa
RelixiónIgrexa congregacional,
máis tarde convertida á anglicana
Actividade
CampoPaleontoloxía
Contribucións e premios
Coñecido porDescubrimento de fósiles
editar datos en Wikidata ]

Mary Anning, nada o 21 de maio de 1799 en Lyme Regis, West Dorset, e falecida o 9 de marzo de 1847, foi unha paleontóloga e colleitadora de fósiles inglesa.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Anning naceu na vila de Lyme Regis. O seu pai era ebanista e complementaba os seus ingresos cavando nos acantilados cheos de fósiles preto da vila e vendendo despois o que atopaba ós turistas. A súa nai era Mary Moore, e a parella tivo dez fillos.[1], mais só dous chegaron a adultos, Mary e Joseph[2].

O 19 de agosto de 1800, cando tiña quince meses, sobreviviu a un raio que matou outras tres mulleres. Tivo unha educación moi limitada, asistiu á escola dominical da igrexa congregacionista, onde lle aprenderon a ler e escribir. Ó morrer de tuberculose no 1810, a familia quedou sen soporte, e Mary comezou a recoller fósiles a tempo total para gañar cartos. A comezos do século XIX, coleccionar fósiles estaba de moda; primeiro como pasatempo, pero pouco a pouco foise transformando nunha ciencia ó incrementarse a importancia dos fósiles en bioloxía e xeoloxía. Ese mesmo camiño seguiu Anning, decantándose cada vez máis cara a aspectos científicos, a partir do descubrimento casual dun esqueleto completo de ictiosauro, o primeiro de que se ten constancia, o que fixo ós 12 anos.

Foi ese descubrimento o que levou a un mecenas a axudar ós Anning e permitir que Mary construíra a súa propia colección de fósiles, desenterrando o primeiro esqueleto de plesiosauro no 1821, e no 1828 o primeiro fósil de pterodáctilo fora de Alemaña, completando así os seus grandes descubrimentos, que foron acompañados doutros moitos menores, o que lle valeu que a Asociación Británica para o Avance da Ciencia lle pasara unha asignación anual, así como que a Sociedade xeolóxica de Londres a fixera membro honorario pouco tempo antes da súa morte por cancro. Dáse a circunstancia que este derradeiro recoñecemento foi a título honorario debido a que, pola súa condición feminina, non podía ser membro de condición xeral.

A súa actividade asentou a base para a idea da extinción das especies, en particular os tres grandes esqueletos mencionados.

Galería[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Goodhue, Thomas W. (2002), Curious Bones: Mary Anning and the Birth of Paleontology, p. 10
  2. Emling, Shelley (2009), The Fossil Hunter: Dinosaurs, Evolution, and the Woman whose Discoveries Changed the World Palgrove Macmillan, pp. 11-14

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]