Alejandro Temblás Paz
Biografía | |
---|---|
Nacemento | c. 1909 Ourol, España |
Morte | 20 de abril de 1938 (28/29 anos) Xerdiz, España |
Causa da morte | homicidio, ferida por arma de fogo |
Actividade | |
Ocupación | político, carpinteiro |
Partido político | Partido Socialista Obrero Español |
Familia | |
Irmáns | José Temblás Paz |
Alejandro Temblás Paz, nado en Ourol cara a 1909 e finado en Balteiro o 20 de abril de 1938, foi un político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Carpinteiro veciño de Merille e militante do PSOE. Na Segunda República foi presidente da Agrupación Socialista Obrero-Campesina de Merille afiliada á UGT e presidente da Casa del Pueblo. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 escapou ao monte e formou parte dunha partida de fuxidos. Foi xulgado en Lugo por auxilio á rebelión.
O 16 de abril de 1938 foi visto entrando por unha das fiestras da vivenda das irmás María Josefa e Felicitas Casabella, residentes na aldea do Candedo, que lle prestaban axuda. Alguén deu aviso á Garda Civil e os falanxistas e gardas civís cercaron a casa. Despois dun intercambio de disparos, Temblás saltou por unha fiestra, pero quedou ferido nunha perna ao caer sobre unha bancada; aínda así logrou fuxir e escapou polo monte ata Xerdiz. Finalmente foi localizado e asasinado no lugar de Balteiro o 20 de abril.