Saltar ao contido

Os Freires, Ortigueira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Os Freires
Igrexa de San Paulo dos Freires.
ConcelloOrtigueira[1]
ProvinciaA Coruña
Coordenadas43°38′58″N 7°50′22″O / 43.64952457, -7.83950571
Área4,08 km²
Poboación55 hab. (2017)
Densidade13,48 hab./km²
Entidades de poboación17[1]
editar datos en Wikidata ]

San Paulo dos Freires é unha parroquia do concello coruñés de Ortigueira, na comarca do Ortegal. Segundo o padrón municipal de 2009 tiña 94 habitantes (46 mulleres e 48 homes) distribuídos en 17 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 135 habitantes.

Xeografía

[editar | editar a fonte]

Está situada na beira dereita do río Maior na aba oeste do pico de Rodela, onde nace o rego San Paio que baixa en dirección noroeste formando un fértil val que hoxe está poboado de eucaliptos. Limita ao norte coa parroquia de Cuíña, ao leste Devesos até o coto de Rodela; polo sur limita tamén coa mesma parroquia separada polo rego do Lombao e coa parroquia de Senra polo rego de Picheiras, e finalmente polo oeste linda con Senra dende a desembocadura do Picheiras no Maior, até o lugar de Ferreiroas. A estrada AC-101 que une Ortigueira coas Pontes cruza a parroquia dende o anterior lugar de Ferreiroas até Rodela.

Patrimonio

[editar | editar a fonte]

A igrexa parroquial de San Paulo queda hoxe acochada entre eucaliptos no val que forma o rego San Paio e á que se accede por unha pista que sae pola esquerda da AC-101 un pouco máis arriba do lugar de Ferreiroas. É unha construción antiga dunha soa nave cun pequeno retablo e un campanario de espadana feita ao igual que o cemiterio que ten ao seu carón, sobre un primitivo mosteiro da idade media. A igrexa actual está consagrada a San Paulo, se ben documentos da Colección Diplomática do mosteiro de San Martiño de Xuvia amosan que antes estaba adicada a San Paio.

O Museo Etnográfico de Meixidoacolle máis de 3000 obxectos antigos recollidos por Narciso Luaces Pardo[2].

Lugares e parroquias

[editar | editar a fonte]

Lugares dos Freires

[editar | editar a fonte]
Lugares da parroquia dos Freires no concello coruñés de Ortigueira

As Aguieiras | O Campo | O Carballeiro | A Carrasca | O Castelo | Ferreiroas | Figueiras | A Igrexa | Lombao de Abaixo | Lombao de Arriba | O Loureiro de Abaixo | O Loureiro de Arriba | Meixido | As Paxonetas | A Picheira | O Piñeiro | Portobó | A Pradia | O Rego | Salgueirón | Susaído | As Teixoeiras de Abaixo | As Teixoeiras de Arriba | A Veiga

Parroquias de Ortigueira

[editar | editar a fonte]
Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Ortigueira

Barbos (San Xulián) | Céltigos (San Xulián) | Couzadoiro (San Cristovo) | Cuíña (Santiago) | Devesos (San Sebastián) | O Ermo (San Xulián) | Espasante (San Xoán) | Os Freires (San Paulo) | Insua (San Xoán) | Ladrido (Santa Eulalia) | Loiba (San Xulián) | Luama (San Martiño) | Luía (Santa María) | Mera de Abaixo (Santiago) | Mera de Arriba (Santa María) | O Mosteiro (San Xoán) | As Neves (Santa María) | Ortigueira (Santa Marta) | San Claudio (Santa María) | San Salvador de Couzadoiro (San Salvador) | Senra (San Xulián) | Veiga (Santo Adrao)

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]