Cuíña, Ortigueira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Cuíña
Igrexa de Cuíña.jpg
Igrexa de Santiago de Cuíña
Mapa Cuíña.PNG
ConcelloOrtigueira
Área5,6 km²
Poboación290 hab. (2017)
Densidade51,79 hab./km²
Entidades de poboación40

Santiago de Cuíña é unha parroquia do concello coruñés de Ortigueira, na comarca do Ortegal. Segundo o padrón municipal de 2009 tiña 321 habitantes (166 mulleres e 155 homes) distribuídos en 40 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 365 habitantes.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Cuíña está situada na beira leste da ría de Ortigueira, na marxe dereita do río Maior, nas abas dos montes Meixón, Burgo e Penaoseira. Limita ao norte coa parroquia de Ortigueira e coa ría dende a desembocadura do río Maior até o camiño da Lagarea, polo nordeste coas parroquias de Luía e Barbos, polo leste limita coa parroquia de San Salvador de Couzadoiro, polo sur coa parroquia dos Freires e polo oeste co río Maior que a separa da parroquia de Senra.

Como tantas outras parroquias co paso do tempo a poboación foise asentando nas proximidades da estrada AC-862 que a atravesa polos lugares da Clara e A Lagarea ao pé da ribeira do mar.

Patrimonio[editar | editar a fonte]

A igrexa parroquial, situada no lugar do Igrexario é unha construción moderna de principios de 1900, de cruz latina. O campanario foi rematado non hai pouco ao tempo que se recubría todo o corpo do templo cun lucido de cemento ocultando a estrutura de pedra. O cemiterio está algo afastado, o mesmo que a reitoral, aínda que sen saír do mesmo lugar.

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Cuíña[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Cuíña no concello coruñés de Ortigueira

Os Amieiros | A Areosa | O Barral | O Burgo | As Calzadas | Camporrozado | Cancelo de Acó | Cancelo de Aló | Casavella | A Clara | O Conde | Os Currás | A Encrucelada | O Fabeiro | A Igrexa | O Lagar | A Lagarea | A Lavandeira | O Meixón | Miudelos | Montemeao | O Nogueirido | O Penal | A Penaoseira | Pereira | O Pormellor | O Prado | A Preta | Rabo de Gato | A Rega | Reñalde | A Rúa | Salgueiro de Abaixo | Salgueiro de Arriba | Sanguiñedo | Soborribas | O Souto | Valella de Abaixo | Valella de Arriba | Valescura

Parroquias de Ortigueira[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Ortigueira

Barbos (San Xulián) | Céltigos (San Xulián) | Couzadoiro (San Cristovo) | Cuíña (Santiago) | Devesos (San Sebastián) | O Ermo (San Xulián) | Espasante (San Xoán) | Os Freires (San Paulo) | Insua (San Xoán) | Ladrido (Santa Eulalia) | Loiba (San Xulián) | Luama (San Martiño) | Luía (Santa María) | Mera de Abaixo (Santiago) | Mera de Arriba (Santa María) | O Mosteiro (San Xoán) | As Neves (Santa María) | Ortigueira (Santa Marta) | San Claudio (Santa María) | San Salvador de Couzadoiro (San Salvador) | Senra (San Xulián) | Veiga (Santo Adrao)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Parroquias de Galicia baixo a advocación de Santiago o Maior]]