Warwick Brown

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Warwick Brown
Carreira na Fórmula 1
Nacionalidade Australia Australia
Anos en activo 1976
Escudería(s) Wolf-Williams
Grandes Premios disputados 1
Campionatos 0
Vitorias 0
Podios 0
Pole positions 0
Voltas rápidas 0
Primeiro GP Gran Premio dos Estados Unidos de 1976
Derradeiro GP Gran Premio dos Estados Unidos de 1976


Warwick Brown (nado en Sydney, 24 de decembro de 1949) é un expiloto de Australia.

Andaina[editar | editar a fonte]

Brown participou nun único Gran Premio da Fórmula Un, o 10 de outubro de 1976. Pilotou un coche de Wolf-Williams Racing no Gran Premio dos Estados Unidos de 1976 e terminou 14º, a cinco voltas do gañador James Hunt. Brown sufriu a perda da terceira e quinta marcha durante a carreira, así como problemas cos freos traseiros.[1]

Brown tivo máis éxito nas series Tasman, que gañou en 1975, pilotando un Lola T332 Chevrolet. Tamén gañou a Rothmans International Series en Australia dúas veces, en 1977 pilotando un Lola T430 Chevrolet e en 1978 pilotando un Lola T332 Chevrolet, ambos para o equipo de VDS. No curso de gañar estas series, Brown tamén gañou o Gran Premio de Nova Zelanda de 1975 e o Gran Premio de Australia de 1977.

Logo de competir no Campionato SCCA / USAC de Fórmula 5000 en América do Norte de 1974 a 1976, Brown disputou as Can-Am Series e foi o subcampión detrás do seu compañeiro australiano Alan Jones na Serie de Can-Am de 1978 pilotando un Lola T333CS-Chevrolet para o equipo de VDS.

Resumo da carreira[editar | editar a fonte]

Brown gañou as 1977 Rothmans International Series pilotando un Lola T430 HU2. O coche móstrase arriba en 2008 coa súa librea de 1977.
Tempada Series Posición Coche Equipo
1971 Australian Drivers' Championship McLaren M4A Cosworth Pat Burke Racing
1972 Tasman Series 13º McLaren M10B Chevrolet Pat Burke Racing
1972 Australian Drivers' Championship McLaren M10B Chevrolet Pat Burke Racing
1973 Tasman Series Lola T300 Chevrolet Team Target
1974 Tasman Series Lola T332 Chevrolet Pat Burke Racing
1974 Australian Drivers' Championship Lola T332 Chevrolet Pat Burke Racing
1974 SCCA/USAC Formula 5000 Championship Lola T332 Chevrolet Pat Burke Racing
1975 Tasman Series Lola T332 Chevrolet Pat Burke Racing
1975 SCCA/USAC Formula 5000 Championship Talon MR1A Chevrolet Jack McCormack Racing
1976 SCCA/USAC Formula 5000 Championship Lola T332C Chevrolet
Lola T430 Chevrolet
Bay Racing
Racing Team VDS
1977 Rothmans International Series Lola T430 Chevrolet Racing Team VDS
1978 Rothmans International Series Lola T332 Chevrolet Racing Team VDS
1978 Can-Am Series Lola T333CS Chevrolet Racing Team VDS
1979 Rothmans International Series Lola T333CS Chevrolet Racing Team VDS

Resultados Completos na Fórmula Un[editar | editar a fonte]

(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.

ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 Pos. Puntos
1976 Wolf-Williams Racing Wolf-Williams FW05 Ford V8 BRA RSA USW ESP BEL MON SWE FRA GBR ALE AUT NED ITA CAN USA
14
XPN NC 0

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Young, Eoin, "James Hunt: Against All Odds", Hamlyn, 1977, p. 132.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]