Douala
Coordenadas: 4°03′N 9°42′L / 4.050, -9.700
Douala | |
---|---|
![]() | |
Vista da cidade | |
Localización | |
País | ![]() |
Provincia | Litoral |
Departamento | Wouri |
Xeografía | |
Altitude | 13 msnm |
Superficie | 210 km2 km² |
Demografía | |
Poboación | 2 768 400 (2015)[1] |
Densidade | hab/km² |
Outros datos | |
Páxina oficial |
Douala é a maior cidade do Camerún e capital da Rexión do Litoral e do departamento de Wouri. Cunha poboación de 2 768 400 habitantes (2014),[1] cidade atópase no oeste do país, a beiras do golfo da Guinea, no océano Atlántico, xusto na desembocadura do río Wouri. A cidade esténdese a ambas as beiras do río, unidas pola ponte Bonaberi. Douala é unha das cidades máis importantes do país e a capital económica do Camerún. Tamén é un importante porto de entrada de mercadorías cara ó Chad e a República Centroafricana, os veciños do Camerún sen litoral.
A cidade conta con importantes infraestruturas como o Aeroporto Internacional de Douala. Ademais é o principal porto do país e é a terminal de dúas liñas de ferrocarril que se prolongan cara ó interior e enlazan con Yaoundé, Ngaoundéré, Kumba e Nkongsamba. Así pois, dende Douala realízanse a maioría das exportacións do país, como as de petróleo, café e cacao, ademais de producirse un importante comercio co veciño Chad. En Douala atópase o mercado Eko, o maior do país. As industrias máis importantes son as fábricas de produtos de aluminio, a elaboración de cervexa, refrescos, a industria téxtil e da madeira.
Historia[editar | editar a fonte]
Os portugueses foron os primeiros europeos en chegar á cidade, en 1472. En 1650 converteuse nun asentamento de emigrantes duala provenientes do interior, e durante o século XVIII foi un centro do comercio transatlántico de escravos. Tras pasar a mans alemás en 1884, a poboación recibiu o nome de Kamarunstadt (Cidade do Camerún en alemán) e converteuse na capital do Camerún alemán.[2] En 1907 foi rebautizada como Douala e pasou a mans de Francia en 1919. Foi a capital do Camerún dende 1940 até 1946.[3]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ 1,0 1,1 "Cameroon: Regions, Major Cities & Towns - Population Statistics, Maps, Charts, Weather and Web Information". www.citypopulation.de.
- ↑ Britannica, Douala, britannica.com, USA, consultado o 7 de xullo de 2019
- ↑ Mark Dike DeLancey, Mark W. Delancey, Rebecca Neh Mbuh, Historical Dictionary of the Republic of Cameroon, Rowman & Littlefield, USA, 2019, p. 176
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Douala ![]() |
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Brooke, James (1987). "Informal Capitalism Grows in Cameroon." The New York Times. 30 de novembro. (en inglés)
- Derrick, Jonathan (1977). "Review of Douala: ville et histoire by René Gouellain." Africa: Journal of the International African Institute. 47:4. (en inglés)
- Diwouta-Kotto, Danièle (2010). Suites architecturales: Kinshasa, Douala, Dakar. Épinal: Association VAA. (en francés)
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Páxina oficial (en francés)