Río Congo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter.
Río Congo (Lualaba, Zaire)[1]
Fleuve rdc.svg
Mapa do río Congo e afluentes principais
País Angola, Burundi, Camerún, República Centroafricana, República Democrática do Congo, Gabón, República do Congo, Ruanda, Tanzania, Zambia
Nacemento Kundelengu, sur de Shaba
Lonxitude 4.700 km
Conca 3.700.000 km²
Caudal medio 41.800 m³/s
Desembocadura Océano Atlántico

O río Congo (no pasado tamén coñecido como río Zaire) é o río máis grande da África central. Cos seus 4.380 km é o segundo río máis longo de África, só superado polo Nilo, de tormarmos o río Chambeshi como orixe entón a lonxitude aumenta ata os 4.700 km. O río e os seus afluentes percorren o segundo bosque tropical máis importante do mundo, logo do Amazonas. No río atópanse máis de 4.000 illas.

O río dá nome a dous estados, a República Democrática do Congo e a República do Congo e ao antigo reino do Kongo. Entre 1971 e 1997 o goberno do entón Zaire deulle o nome de río Zaire.

O Congo en Maluku, preto de Kinshasha

As fontes do Congo están nas zonas altas e montañas do Gran Val do Rift, así como nos lagos Tanganica e Mweru.

A foz do Congo visitárona o portugués Diogo Cão en 1482 e no 1816 unha expedición británica chegou ata Isangila. Henry Morton Stanley foi o primeiro europeo en navegar o río en toda a súa extensión e en informar que o Lualaba non era a orixe do Nilo como el suxerira.

Case a totalidade do Congo é navegable (agás 250 km), e en unión dos camiños de ferro, boa parte do comercio de África central pasa ao longo del.

Denominación[editar | editar a fonte]

Antes da colonización portuguesa da zona, os nativos denominaban ao río, Nzere ou Nzadi, que na lingua da etnia bakongo, significaba «o río que traga os demais ríos». O explorador portugués Diogo Cão, que foi o primeiro europeo que percorreu a súa desembocadura, chamouno río Zaire, por deformación do nome dado polos indíxenas. Esta denominación persistiu ata o século XVIII, en que comezou a ser nomeado como río Congo, pola etnia Congo ou bankongo, que dominaba case toda a cunca do río.[2]

Entre 1971 e 1997, o goberno de Zaire, nome que tiña a República Democrática do Congo durante a ditadura de Mobutu Sese Seko, quixo cambiar a denominación do río Congo a río Zaire, pero ese cambio foi ignorado por moitos países, entre os cales cabe destacar a veciña República do Congo.

Historia natural[editar | editar a fonte]

O comezo das cataratas Livingstone preto de Kinshasa

O curso actual do río Congo formouse hai entre 1,5 e 2 millóns de anos, durante o Plistoceno.[3]

A formación do Congo puido levar á especiación alopátrica do bonobo e do chimpancé común a partir do seu devanceiro común máis recente.[4] O bonobo é endémico dos bosques húmidos da rexión, do mesmo xeito que outras especies emblemáticas como o mono do pantano de Allen, mono Dryas, xeneta acuática, ocapi e pavo real do Congo.[5][6]

En termos de vida acuática, a conca do río Congo ten unha moi alta riqueza de especies e nela obsérvanse uns dos máximos niveis coñecidos de concentración de especies endémicas.[7] Ata agora, rexistráronse preto de 700 especies de peixes na conca do Congo, e grandes seccións permanecen virtualmente sen estudar.[8] Debido a isto e ás grandes diferenzas ecolóxicas entre as rexións da conca, a miúdo divídese en varias ecorrexións ecolóxicas (en lugar de tratala como unha única ecorrexión). Entre estas ecorrexións, só a dos rápidos do baixo Congo conta con máis de 300 especies de peixes, incluíndo aproximadamente 80 especies endémicas,[9] mentres que a parte suroeste (Conca do Kasai) por si soa ten máis de 200 especies de peixes, dos cales ao redor dun cuarto son endémicas.[10] As familias de peixes dominantes -polo menos nalgunhas partes do río- son Cyprinidae (carpa/ciprínidos, como Labeo simpsoni, Mormyridae (peixes elefantes), Alestidae (tetras africanos), Mochokidae (bagres squeaker) e Cichlidae (cíclidos).[11] Entre os nativos no río está o enorme e altamente carnívoro, peixe tigre xigante. Dous dos cíclidos endémicos máis raros son os esbrancuxados (non pigmentados) e cegos Lamprologus lethops, que se cre que vive a unha profundidade de 160 m por baixo da superficie,[9] e o Heterochromis multidens, que parece estar máis estreitamente relacionado cos cíclidos das Américas que con outros cíclidos de África.[12] Tamén hai numerosas ras endémicas e caracois.[11][13] Está prevista a construción de varias represas hidroeléctricas no río que poden conducir á extinción de moitos dos endemismos.[9]

Afluentes[editar | editar a fonte]

O río Congo e os seus afluentes (e secundarios de máis de 200 km)
 
Tramo Ramal Nome do afluente Desembocadura Lonxitude (km) Conca (km²) Caudal (m³/s) País polo que flue
Río Lualaba
(da fonte a Kisangani)
E - Río Lubudi Lualaba Flag of the Democratic Republic of the Congo.svg República Democrática do Congo
- D Río Lufira[14] Lualaba 630 Flag of the Democratic Republic of the Congo.svg República Democrática do Congo
E - Río Lovoi Lualaba Flag of the Democratic Republic of the Congo.svg República Democrática do Congo
- D Río Kalumengonko Lualaba Flag of the Democratic Republic of the Congo.svg República Democrática do Congo
- D Sistema LuvuaLuapulaChambeshi[15] Lualaba 1.400 296.600 280 Flag of the Democratic Republic of the Congo.svg República Democrática do Congo
- D - Luvua Lualaba 350 296.600 280 Flag of the Democratic Republic of the Congo.svg República Democrática do Congo
- - - Lago Mweru Luvua 90 Zambia Zambia
Flag of the Democratic Republic of the Congo.svg República Democrática do Congo
- - - Río Luapula Lago Mweru 560 Zambia Zambia
Flag of the Democratic Republic of the Congo.svg República Democrática do Congo
- - - Río Chambeshi Luapula 480 Zambia Zambia
Flag of the Democratic Republic of the Congo.svg República Democrática do Congo
E - Río Luvidjo Lualaba Flag of the Democratic Republic of the Congo.svg República Democrática do Congo
- D Sistema Lukuga-lago Tanganica-Ruzizi-lago Kivu[16] Lualaba 910 Flag of the Democratic Republic of the Congo.svg República Democrática do Congo
- D - Sistema Lukuga-Niembe[17] Lualaba 560 270.900 271 Flag of the Democratic Republic of the Congo.svg República Democrática do Congo
- D - Río Lukuga Lualaba 350 270.900 271 Flag of the Democratic Republic of the Congo.svg República Democrática do Congo
- - - Río Luizi Lukuga Flag of the Democratic Republic of the Congo.svg República Democrática do Congo
- - - Río Niembe Lukuga Flag of the Democratic Republic of the Congo.svg República Democrática do Congo
- - - Lago Tanganica Lukuga 350[17] 231,000 Flag of the Democratic Republic of the Congo.svg República Democrática do Congo
- - - Río Ruzizi Lago Tanganica 117 Flag of the Democratic Republic of the Congo.svg República Democrática do Congo
Burundi Burundi
Ruanda Ruanda
- - - Lago Kivu Ruzizi 89 Flag of the Democratic Republic of the Congo.svg República Democrática do Congo
- - - Río Malagarasi Lago Tanganica 475 130.000 Burundi Burundi
Flag of Tanzania.svg Tanzania
- D Río Luama Lualaba Flag of the Democratic Republic of the Congo.svg República Democrática do Congo
- D Río Elila Lualaba 400 Flag of the Democratic Republic of the Congo.svg República Democrática do Congo
E - Río Kasuku Lualaba Flag of the Democratic Republic of the Congo.svg República Democrática do Congo
- D Río Ulindi Lualaba 450 Flag of the Democratic Republic of the Congo.svg República Democrática do Congo
- - - Río Lugulu Ulindi 560 Flag of the Democratic Republic of the Congo.svg República Democrática do Congo
- D Río Lowa Lualaba 390 Flag of the Democratic Republic of the Congo.svg República Democrática do Congo
- - - Río Lubutu Lowa Flag of the Democratic Republic of the Congo.svg República Democrática do Congo
- - - Río Oku Lowa Flag of the Democratic Republic of the Congo.svg República Democrática do Congo
- - - Río Oso Lowa Flag of the Democratic Republic of the Congo.svg República Democrática do Congo
- - - Río Luka Lowa Flag of the Democratic Republic of the Congo.svg República Democrática do Congo
- D Río Maiko Lualaba Flag of the Democratic Republic of the Congo.svg República Democrática do Congo
- D Río Lindi Lualaba 515 Flag of the Democratic Republic of the Congo.svg República Democrática do Congo
- - - Río Tshopo Lindi Flag of the Democratic Republic of the Congo.svg República Democrática do Congo
Alto Congo
(Kisangani a Mbandaka)
E - Río Lomami Alto Congo 1.500 95 830 837 Flag of the Democratic Republic of the Congo.svg República Democrática do Congo
- D Río Aruwimi (incluído o Ituri)[18] Alto Congo 1.287 Flag of the Democratic Republic of the Congo.svg República Democrática do Congo
- - - Río Lulu Aruwimi Flag of the Democratic Republic of the Congo.svg República Democrática do Congo
- - - Río Nepoko Aruwimi Flag of the Democratic Republic of the Congo.svg República Democrática do Congo
- - - Río Ituri Aruwimi 1.030 Flag of the Democratic Republic of the Congo.svg República Democrática do Congo
- - - Río Epulu Ituri Flag of the Democratic Republic of the Congo.svg República Democrática do Congo
- - - Río Ibina Ituri Flag of the Democratic Republic of the Congo.svg República Democrática do Congo
- - - Río Shari Río Ituri Flag of the Democratic Republic of the Congo.svg República Democrática do Congo
- D Río Itimbiri (coa súa fonte, o río Rubi)[19] Alto Congo 535 Flag of the Democratic Republic of the Congo.svg República Democrática do Congo
- - - Río Tele Itimbiri Flag of the Democratic Republic of the Congo.svg República Democrática do Congo
- - - Río Likati Itimbiri Flag of the Democratic Republic of the Congo.svg República Democrática do Congo
- D Río Mongala (co Ebol) Alto Congo 510
- - - Río Dua Mongala 225 Flag of the Democratic Republic of the Congo.svg República Democrática do Congo
- - - Río Ebola Mongala 225 Flag of the Democratic Republic of the Congo.svg República Democrática do Congo
E - Río Lulonga (coa súa fonte, o río Maringa) Alto Congo 705 Flag of the Democratic Republic of the Congo.svg República Democrática do Congo
- - - Río Lopori Lulonga 470 Flag of the Democratic Republic of the Congo.svg República Democrática do Congo
- - - Río Maringa Lulonga 515 Flag of the Democratic Republic of the Congo.svg República Democrática do Congo
E - Río Ikelemba Alto Congo
Medio Congo
(de Mbandaka a Brazzaville/Kinshasa)
E - Río Ruki-Tschuapa Medio Congo 1.025 Flag of the Democratic Republic of the Congo.svg República Democrática do Congo
- - - Río Tshuapa Ruki 925 Flag of the Democratic Republic of the Congo.svg República Democrática do Congo
- - - Río Salonga Tshuapa Flag of the Democratic Republic of the Congo.svg República Democrática do Congo
- - - Río Yenge Salonga Flag of the Democratic Republic of the Congo.svg República Democrática do Congo
- - - Río Lomela Tshuapa 560 Flag of the Democratic Republic of the Congo.svg República Democrática do Congo
- - - Río Momboyo-Luilaka Ruki 535 Flag of the Democratic Republic of the Congo.svg República Democrática do Congo
- - - Río Lokolo Momboyo Flag of the Democratic Republic of the Congo.svg República Democrática do Congo
- - - Río Luile Momboyo Flag of the Democratic Republic of the Congo.svg República Democrática do Congo
- - - Río Luilaka Momboyo Flag of the Democratic Republic of the Congo.svg República Democrática do Congo
- D Sistema UbangiUele[20][21] Medio Congo 2.272 754.830 5.936 Flag of the Democratic Republic of the Congo.svg República Democrática do Congo
Flag of the Central African Republic.svg República Centroafricana
Flag of the Republic of the Congo.svg República do Congo
- D - Río Ubangi [21] Medio Congo 1.120 754.830 5.936 Flag of the Democratic Republic of the Congo.svg República Democrática do Congo
Flag of the Central African Republic.svg República Centroafricana
Flag of the Republic of the Congo.svg República do Congo
- - - Río Giri Ubangi
- - - Río Lua Ubangi Flag of the Democratic Republic of the Congo.svg República Democrática do Congo
- - - Río Lobaye Ubangi 520 36.970 321 Flag of the Republic of the Congo.svg República do Congo
Flag of the Central African Republic.svg República Centroafricana
- - - Río Mbaéré Lobaye Flag of the Republic of the Congo.svg República do Congo
Flag of the Central African Republic.svg República Centroafricana
- - - Río Ouaka Ubangi 550 Flag of the Central African Republic.svg República Centroafricana
- - - Río Kotto Ubangi 660 78.400 447 Flag of the Central African Republic.svg República Centroafricana
- - - Río Mbomou[21] Ubangi 966 156.950 1.130 Flag of the Democratic Republic of the Congo.svg República Democrática do Congo
Flag of the Central African Republic.svg República Centroafricana
- - - Río Mbari Mbomou Flag of the Central African Republic.svg República Centroafricana
- - - Río Chinko Mbomou 420 52.308 397 Flag of the Central African Republic.svg República Centroafricana
- - - Río Ouara Mbomou Flag of the Central African Republic.svg República Centroafricana
- - - Río Uele[20][21] Ubangi 1.150 135.400 1.530 Flag of the Democratic Republic of the Congo.svg República Democrática do Congo
- - - Río Uere Uele Flag of the Democratic Republic of the Congo.svg República Democrática do Congo
- - - Río Bomokandi Uele Flag of the Democratic Republic of the Congo.svg República Democrática do Congo
- - - Río Kibali Uele Flag of the Democratic Republic of the Congo.svg República Democrática do Congo
- D Sistema Sangha-Kadeï[22] Medio Congo 790 213.400 2.471 Camerún Camerún
Flag of the Central African Republic.svg República Centroafricana
Flag of the Republic of the Congo.svg República do Congo
- D - Río Sangha[22] Medio Congo 790 213.400 2.471 Camerún Camerún
Flag of the Central African Republic.svg República Centroafricana
Flag of the Republic of the Congo.svg República do Congo
- - - Río Ngoko Sangha
- - - Río Moumba Ngoko
- - - Río Dja Ngoko 720 80.000 800 Camerún Camerún
Flag of the Republic of the Congo.svg República do Congo
- - - Río Kadeï[22] Sangha 510
- - - Río Mambéré Kadeï
- D Río Likouala Medio Congo
- - - Río Kouyou Likouala
- - - Río Lengoué Likouala
- - - Río Mambili Likouala
- D Río Alima Medio Congo
- - - Río Mpama Alima
E - Río Lokoro Medio Congo
- - Río Nkéni Medio Congo
- - Río Léfini Medio Congo
E - Río Kasai Medio Congo Flag of the Democratic Republic of the Congo.svg República Democrática do Congo
- - - Río Fimi-Lukenie[23] Río Kasai Flag of the Democratic Republic of the Congo.svg República Democrática do Congo
- - - Río Kwango Kasai 1.100 Flag of the Democratic Republic of the Congo.svg República Democrática do Congo
- - - Río Wamba Kwango Angola Angola
Flag of the Democratic Republic of the Congo.svg República Democrática do Congo
- - - Río Bakali Wamba Flag of the Democratic Republic of the Congo.svg República Democrática do Congo
- - - Río Culio Kwango Angola Angola
Flag of the Democratic Republic of the Congo.svg República Democrática do Congo
- - - Río Kwilu Kasai Flag of the Democratic Republic of the Congo.svg República Democrática do Congo
- - - Río Inzia Kwilu Flag of the Democratic Republic of the Congo.svg República Democrática do Congo
- - - Río Luie Inzia Flag of the Democratic Republic of the Congo.svg República Democrática do Congo
- - - Río Kwenge Kwilu Angola Angola
Flag of the Democratic Republic of the Congo.svg República Democrática do Congo
- - - Río Lutshima Kwilu Flag of the Democratic Republic of the Congo.svg República Democrática do Congo
- - - Río Lubalo Kwilu Angola Angola
Flag of the Democratic Republic of the Congo.svg República Democrática do Congo
- - - Río Loange Kasai 1.150 Angola Angola
Flag of the Democratic Republic of the Congo.svg República Democrática do Congo
- - - Río Luele Loange Angola Angola
Flag of the Democratic Republic of the Congo.svg República Democrática do Congo
- - - Río Sankuru Kasai 1.150 Flag of the Democratic Republic of the Congo.svg República Democrática do Congo
- - - Río Lubefu Sankuru Flag of the Democratic Republic of the Congo.svg República Democrática do Congo
- - - Río Lubilandji Sankuru Flag of the Democratic Republic of the Congo.svg República Democrática do Congo
- - - Río Luilu Lubilandji Flag of the Democratic Republic of the Congo.svg República Democrática do Congo
- - - Río Lubi Lubilandji Flag of the Democratic Republic of the Congo.svg República Democrática do Congo
- - - Río Luembe Lubilandji Flag of the Democratic Republic of the Congo.svg República Democrática do Congo
- - - Río Mbuji-Mayi Lubilandji Flag of the Democratic Republic of the Congo.svg República Democrática do Congo
- - - Río Lubishi Lubilandji Flag of the Democratic Republic of the Congo.svg República Democrática do Congo
- - - Río Lulua (o Luluwa) Kasai 900
- - - Río Lovua Kasai Angola Angola
Flag of the Democratic Republic of the Congo.svg República Democrática do Congo
- - - Río Chicapa (o Tshikapa) Kasai 870 Angola Angola
Flag of the Democratic Republic of the Congo.svg República Democrática do Congo
- - - Río Luachimo Kasai Angola Angola
Flag of the Democratic Republic of the Congo.svg República Democrática do Congo
- - - Río Lubembe Kasai Angola Angola
Flag of the Democratic Republic of the Congo.svg República Democrática do Congo
- - - Río Chiumbe Lubembe Angola Angola
Flag of the Democratic Republic of the Congo.svg República Democrática do Congo
- - - Río Lueta Kasai
E - Río Nsele Medio Congo
Bajo Congo
(de Brazzaville/Kinshasa á desembocadura)
E - Río Inkisi Baixo Congo 400 Flag of the Democratic Republic of the Congo.svg República Democrática do Congo
E - Río Mpozo Baixo Congo
- - Río Bundi Baixo Congo
Mercado nas beiras do río en Kisangani

Notas[editar | editar a fonte]

  1. FAO. "The inland waters of Africa the Congo/Zaire System". Consultado o 19 de decembro de 2010. 
  2. Forbath, Peter. El río Congo. Fondo de Cultura Económica. ISBN 84-7506-508-2. 
  3. Leonard C. Beadle (1981). The inland waters of tropical Africa: an introduction to tropical limnology. Longman. p. 475. ISBN 978-0-582-46341-7. Consultado o 2 de abril de 2011.  "It is hypothesized that in the late Pliocene or early Pleistocene, a coastal Lower Guinean river captured Malebo Pool, connecting the previously interior Congo Basin to the ocean." Thieme et al., Freshwater Ecoregions of Africa and Madagascar: A Conservation Assessment Ecoregions Assessments, Island Press, 2005, p. 297.
  4. Caswell JL, Mallick S, Richter DJ; et al. (2008). "Analysis of chimpanzee history based on genome sequence alignments". PLoS Genet. 4 (4): e1000057. PMC 2278377. PMID 18421364. doi:10.1371/journal.pgen.1000057. 
  5. Kingdon, Jonathan (1997). The Kingdon Guide to African Mammals. London: Academic Press Limited. ISBN 0-1240-8355-2. 
  6. BirdLife International (2008). "Afropavo congensis". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2010 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. Consultado o 2 de maio de 2011. 
  7. Dickman, Kyle (3 de noviembre de 2009). "Evolution in the Deepest River in the World". Science & Nature. Smithsonian Magazine. 
  8. Freshwater Ecoregions of the World (2008). Sudanic Congo – Oubangi. Accessed 2 May 2011.
  9. 9,0 9,1 9,2 Norlander, Britt (20 de abril de 2009). "Rough waters: one of the world's most turbulent rivers is home to a wide array of fish species. Now, large dams are threatening their future". Science World. 
  10. Freshwater Ecoregions of the World (2008). Kasai. Accessed 2 May 2011.
  11. 11,0 11,1 Freshwater Ecoregions of the World (2008). Upper Lualaba. Accessed 2 May 2011.
  12. Kullander, S.O. (1998). A phylogeny and classification of the South American Cichlidae (Teleostei: Perciformes). pp. 461–498 in Malabarba, L., et al. (eds.), Phylogeny and Classification of Neotropical Fishes, Porto Alegre.
  13. Freshwater Ecoregions of the World (2008). Lower Congo Rapids. Accessed 2 May 2011.
  14. A lonxitude segundo a Encyclopedia Britannica é de 500 km. No The Inland Waters of Africa, op. cit., 630 km.
  15. Este sistema está formado polo río Luvua (350 km), o lago Mweru, o río Luapula (480 km), o lago Bangweulu e o río Chambeshi (480 km).
  16. O río Lukuga é o emisario de lago Tanganica e ten unha lonxitude de 350 km. A fonte máis lonxana do Tanganica é o lago Kivu (89 km de longo), que drena a través do río Ruzizi (117 km). O tramo a través do lago Tanganica que une as bocas de ambolos ríos é de uns 350 km.
  17. 17,0 17,1 O río Lukuga, é o emisario do lago Tanganica e ten 350 km, ainda que considerando unha das súas fontes, o río Niembe, o sistema Lukuga-Niembre chega ata os 560 km.
  18. O Aruuwimi ten unha lonxitude de só 380 km, pero coa súa fonte, o río Ituri, de 750 km, chega aos 1030 km. The Inland Waters of Africa, de Robin L. Welcomme. Publicación da FAO, CIFA Tech. Pap., de 1972, 117 p. Dispoñible en liña en: FAO. Consultado o 2 de xullo de 2010.
  19. O Itimbiri ten unha lonxitude de 220 km, pero ca súa fonte, o río Ribi, de 315 km, alcanza os 535 km. The Inland Waters of Africa, op.cit..
  20. 20,0 20,1 O río Ubangi ten unha lonxitude de só 1.120 km, pero coa súa fonte, o río Uele, de 1.152 km, alcanza os 2.272 km.
  21. 21,0 21,1 21,2 21,3 J. Callede, Y. Boulvert, J-P. Thiebaux: Le bassin de l'Oubangui
  22. 22,0 22,1 22,2 O Sangha (790 km), cunha das súas fontes, o río Kadéi, alcanza os 1.300 km.
  23. The Inland Waters of Africa, op.cit..

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]