Decio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Decio
Emperor Traianus Decius (Mary Harrsch).jpg
Nome completoGaius Messius Quintus Traianus Decius
Nacemento201
 Martinci
Falecemento1 de xullo de 251
 Abrito
CausaMorto en combate
NacionalidadeRoma Antiga
Relixiónrelixión na Roma antiga
Ocupaciónpolítico
CónxuxeHerennia
FillosHerênio Etrusco e Hostiliano
Cargosemperador romano
editar datos en Wikidata ]

Gaius Messius Quintus Traianus Decius emperador romano entre os anos 249 e 251. É o primeiro dos chamados emperadores ilirios. Naceu preto da cidade de Mikowitz, na baixa Panonia (a actual Hungría) no ano 201.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Busto de Decio no anverso dunha moeda do seu tempo (antoniniano)

Co motivo da invasión da zona do Danubio polos godos en tempos de Filipo I, e sublevacións por parte das lexións, noméase a Quinto Decio comandante para esta loita. As lexións, as cales nomearan emperador a Pacatiano, mataron a este e Decio púxose á fronte na loita contra os godos. As súas vitorias déronlle gran popularidade entre os lexionarios, polo que o nomearon emperador. El era contrario a este nomeamento, xa que estaba a ver a descomposición do Imperio, pero as lexións, formadas na súa maior parte por xentes de baixa cultura, moitos deles bárbaros que só loitaban polo botín e que non tiña apego nin ó imperio nin ó emperador, cuxa figura xa non tiña ningún prestixio. Decio aceptou a pesar de que supoñia un enfrontamento directo co emperador Filipo.

Púxose en marcha cara a Italia, onde Filipo I, ó ser coñecedor desta manobra, saíu de Roma para detelo, atopándose un co outro preto de Verona, onde Decio venceu na batalla que lle custou a vida a Filipo I e ó seu fillo. Aceptado polo Senado como novo emperador, foi nomeado no 249.

O seu mandato[editar | editar a fonte]

Decio adaptou o nome de Traianus pola súa admiración do emperador hispalense. Era moi conscente da progresiva caída e deterioración do Imperio. Os males do imperio viñan do abandono dos antigos costumes, de deixar o Senado sen as obrigas que tiña noutros tempos e procurou tomar medidas para vover a tempos mellores.

A figura do censor era moi importante, polo que propuxo ó Senado o seu nomeamento, despois de lle devolver as súas atribucións civís. O elixido foi o futuro emperador Valeriano, pero coñecedor das relacións, que se tiña que opor a moitas decisións pola forza, declinou o insidioso honor, aducindo que o cargo de censor debia ser inseparábel da dignidade imperial.

No 250 nomeou os seus fillos, Quinto Herenio Decio Mesio e Valente Hostiliano Mesio Quinto, césares e ordenou a reparación urxente de tódalas calzadas romanas no territorio do imperio, para mellorar a mobilidade do exército e contribuír ó comercio.

Fiel ás súas ideas de vover á dignidade dos tempos antigos, ordenou que tódolos cidadáns do imperio foran portadores dun documento que acreditase a súa fidelidade as divindades romanas. Este documento era moi sinxelo, con só facer unha ofrenda nun templo. Moitos cristiáns negáronse, polo que comeza unha persecución no 250, que custou a vida a Fabián, bispo de Roma, quen foi martirizado; a Cipriano, bispo de Cartago, que foi exiliado e a Oríxenes, un dos pais da Igrexa, foi encarcerado e torturado.

A fin do seu reinado[editar | editar a fonte]

Os godos consideraran que a loita entre Filipo o Árabe e Decio polo poder levaría a Roma a unha longa guerra civil. Pero a loita polo poder rematou nunha soa batalla en Verona, a pesar do cal, e polo descontento das lexións licenciadas por Decio, xa trataron, con ánimo de conquista e non meras correrías, a invasión dos territorios romanos. A iniciativa correspondeu ós godos, que xa aparecian divididos en dous grupos, os greutunxios,coñecidos como ostrogodos ou godos orientais, e os tervingos, ou visigodos ou godos occidentais. En ámbolos dous grupos imperaba naquel intre o rei Gniva, o cal, aproveitando a guerra civil, invadiu Mesia, que quedara sen guarnición. A resistencia oposta polas guanicións de Marcianopolis e Caova, e o pronto remate da loita en Italia, obrigárono a deixar Mesia, xa que dende Verona, o fillo de Decio, Erenio Etrusco, foi na súa axuda. Os godos, atravesando os montes Enos (actuais Balcáns) atacaron Filipopólis. Na defensa daquela cidade, acudiu o gobernador da Macedonia, Filipo Prisco, pero foi vencido en Berve, pasándose ó campo dos godos baixo a promesa do seu apoio á púrpura imperial. Por esta traizón, caeu Filipopólis en mans dos godos, os cales masacraron unha grande parte da poboación.

Para tentar de reparar o desastre, Decio acudiu á zona, e mediante hábiles manobras, pechando a saída cara ó Peloponeso, situando a Aurelio Claudio, quen 18 anos despois chegaría a emperador, ó mando e control do paso das Termópilas. A Treboniano Galo situouno pechando a súa retirada nas fronteiras do Danubio. Feito isto, levou o seu exército contra os godos, vencendo nalgunhas batallas, pero na batalla de Forum Trebonii (actual Abrito) morre illado nunha lameira en novembro do 251. Na mesma batalla e a resultas das feridas sufridas, morre tamén Herenio, o seu fillo, e os soldados elixen novo emperador a Caio Vibio Treboniano Galo

Imperio Romano

Segue a:
Filipo o Árabe
Decio
Precede a:
Treboniano Galo
Anarquía militar