Clemente III, papa
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xuño de 2017.) |
Clemente III, papa | |
---|---|
![]() | |
Nome de nacemento | Paolo Scolari |
Nacemento | valor descoñecido e 1124 |
Lugar de nacemento | Roma |
Falecemento | post. 20 de marzo de 1191 e 20 de marzo de 1191 |
Lugar de falecemento | Roma |
Soterrado | Basílica de San Xoán de Latrán |
Relixión | catolicismo |
Ocupación | clérigo, sacerdote católico e escritor |
Período | 1187 a 1191 |
Coñecido por | ser o papa n° 174 da igrexa católica |
Organización | Igrexa católica |
Cargos | Bispo de Roma |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Clemente III (de nome de bautizo Paolo Scolari), nado en Roma en 1130 e morto o 27 de marzo de 1191, foi Papa da Igrexa católica do 1187 ao 1191.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Paolo Scolari, cardeal de Palestina, foi escollido papa o 20 de decembro de 1187 na cidade de Pisa por mor de que na mencionada cidade morreu o seu antecesor mentres preparaba a reconquista de Xerusalén.
Inmediatamente, e aproveitando a boa acolleita dos seus paisanos romanos, empezou a traballar para conseguir o regreso do papado a Roma, cidade da cal os papas se exiliaron en 1153 ao constituírse Roma en municipio libre baixo o mandato de Arnaldo de Brescia, chegándose a un acordo que permitiu a Clemente III volver a Roma en 1188 e escoller o gobernador da cidade, a cambio do recoñecemento do Senado Romano e da elección polo pobo dos seus maxistrados.
Logo deste éxito, Clemente III dirixe a súa atención á reconquista de Xerusalén mediante a organización da Terceira Cruzada. Para o que se reconciliou co emperador Federico I conseguindo que se puxese á fronte dun poderoso exército en que tamén participarán o rei inglés Ricardo I Corazón de León e o francés Filipe II Augusto.
Aínda así o conflito co emperador xermánico non tardará en reavivarse cando, á morte en 1189 do vasalo do papa Guillerme II de Sicilia, Henrique VI que sucedera ao seu pai Federico I, morto en Terra Santa, reclama o reino siciliano facendo valer os dereitos da súa esposa Constanza.
O Papa, vendo perigar a súa independencia se Henrique VI conseguía o seu propósito, apoia a elección como rei de Tancredo de Lecce, o que provoca a entrada do emperador xermánico en Italia á fronte dun gran exército para forzar unha entrevista co Papa e conseguir o recoñecemento dos seus dereitos, o cal non conseguiu debido á morte de Clemente III o 27 de marzo de 1191.
San Malaquías[editar | editar a fonte]
As profecías de San Malaquías refírense a este papa como De schola exiet (Saído da escola), que fai referencia ao seu apelido, Scolari (= da escola).
![]() |
Este artigo sobre Papas é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |