A Denominación de Orixe Monterrei é unha das cinco zonas con denominación de orixe para os seus viños existentes en Galiza.
Esténdese polo val do río Támega, ocupando algo menos de 500 hectáreas dos concellos de Castrelo do Val, Monterrei, Oímbra, Riós, Vilardevós e Verín; outras 13.000 tamén están dedicadas a viñedos, mais fora da denominación de orixe. As 24 adegas e 380 viticultores producen dous millóns de litros anuais de viño cualificado.[1]