Nocedo do Val, Castrelo do Val
Saltar ata a navegación
Saltar á procura
Coordenadas: 42°00′5.7″N 7°26′36.2″O / 42.001583, -7.443389
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Nocedo.
Nocedo do Val | |
---|---|
Concello | Castrelo do Val[1] |
Provincia | Ourense |
Poboación | 195 hab. (2011) |
Entidades de poboación | 1[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Nocedo do Val é unha parroquia do concello de Castrelo do Val na provincia de Ourense. Situada na marxe esquerda do río Támega, os seus habitantes viven da agricultura da pataca, o millo e os cereais. Tamén é terra de noces (orixe do seu nome) e de castañas. No outono son abundantes os cogomelos. En 2011 tiña 195 habitantes (102 homes e 93 mulleres).
Visitas de interese son os muíños de auga, o forno, a fonte, a igrexa e os cruceiros. Dende o monte de Bitón ten vistas panorámicas de todo o val de Verín. Tamén pasa por esta aldea a ruta dos carboeiros.
Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]
Lugares de Nocedo do Val[editar | editar a fonte]
Lugares da parroquia de Nocedo do Val no concello de Castrelo do Val (Ourense) | |
---|---|