Río Camba
Tipo | río | |||
---|---|---|---|---|
Inicio | ||||
División administrativa | provincia de Ourense, España | |||
Localización | Serra de San Mamede | |||
Final | ||||
División administrativa | provincia de Zamora, España | |||
Localización | río Bibei | |||
| ||||
Conca hidrográfica | conca do Miño | |||
Características | ||||
Dimensións | 56 () km | |||
Medicións | ||||
Caudal | 6,26 m³/s | |||
O río Camba é un río da provincia de Ourense, en Galiza, afluente do Bibei pola súa marxe esquerda, que á súa vez é tributario do Sil. Ten unha lonxitude de 56 km. A súa cunca abrangue unha superficie de 166 km².
Descrición
[editar | editar a fonte]O río Camba ten o seu nacemento na serra de San Mamede, no concello de Laza, a 1.480 m de altura. Verte as súas augas ao Bibei á altura da vila de Viana do Bolo. Durante o seu camiño atravesa os concellos de Laza, Castrelo do Val e Vilariño de Conso.
A cunca do Camba forma parte da área protexida do Macizo Central ourensán, dentro da Rede Natura 2000. O percurso do río, enmarcado entre as altas serras de San Mamede, Queixa e O Invernadeiro polo Norte, e a serra de Peña Nofre polo sur, é claramente encaixado.
Os seus afluentes principais son regos de montaña, de curto curso, como o rego da Ribeira Grande e da Ribeira Pequena, provenientes da serra de Queixa, en cuxos vales quedan restos de antigas glaciacións.
É de tipo pluvio-nival, con máximos de caudal en inverno, pero que se prolongan na primavera, polo desxeo.
Como no caso doutros ríos da cunca do Sil, construíronse encoros, que reteñen as súas augas. Dentro do concello de Vilariño de Conso, está o encoro das Portas, dado en concesión a Iberdrola, e que é o de maior capacidade de toda a provincia ourensá, con 536 hm³.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Embalse: LAS PORTAS" (HTML) (en Castelán). Consultado o 13/03/2010.