Piornedo, Castrelo do Val

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coordenadas: 42°00′50.4″N 7°20′0.7″O / 42.014000, -7.333528

Piornedo
ConcelloCastrelo do Val
Poboación86 hab. (2011)
Entidades de poboación2

Santa Eufemia de Piornedo é unha parroquia do concello de Castrelo do Val, na comarca de Verín. Segundo o IGE en 2011 tiña 86 habitantes (43 mulleres e 43 homes), distribuídos en 2 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 138 habitantes.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Está situada aproximadamente a 900 metros de altitude, na parte fonda das abas de Pena Nofre e Cabeza de Valdefeiras, con orientación sueste e espléndidas vistas. As súas terras dun labor agrogandeiro típico de montaña están delimitadas polos Regatos das Veiguiñas e Porto do Carro, afluentes do río Mente.

O seu nome, que se repite nos Ancares e na provincia de Cáceres indica terra de piornos e nos mellores tempos, antes da emigración contou con 65 veciños: hoxe queda menos da metade, que seguen cultivando patacas, castañas, millo e unha cabana importante de ovellas, aínda que a poboación, maioritariamente envellecida, vive das pensións.

Os primeiros emigrantes de Piornedo saíron cara as minas de Riotinto (Huelva), ós Estados Unidos, Cuba e o Brasil, onde algúns fixeron fortuna. Veciños de Piornedo participaron como asalariados na construción da vía do tren Zamora - Ourense nos anos 30, morrendo e enfermando nas obras algúns deles. Posteriormente, nos anos 50, algúns instaláronse en Verín, País Vasco e Barcelona e nos 60 emigraron a Alemaña e Suíza principalmente. Nos anos 2000-2006 fíxose unha praza no centro da aldea, rodeada de lugares onde comer (forno de leña para pan ou para asar) e reunirse coa xente do lugar, axeitando a aldea para o turismo rural.

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Piornedo[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Piornedo no concello de Castrelo do Val (Ourense)

Monteveloso | Piornedo

Parroquias de Castrelo do Val[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de Castrelo do Val

Campobecerros (Santiago) | Castrelo do Val (Santa María) | Gondulfes (Santa Cruz) | Nocedo do Val (San Salvador) | Parada da Serra (San Lucas) | Pepín (San Vicente) | Piornedo (Santa Eufemia) | Portocamba (San Miguel) | Servoi (Santa María)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]