Barbastro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaBarbastro
Imaxe

Localización
Mapa
 42°02′00″N 0°07′00″L / 42.033333333333, 0.11666666666667Coordenadas: 42°02′00″N 0°07′00″L / 42.033333333333, 0.11666666666667
EstadoEspaña
Comunidade autónomaAragón
ProvinciaProvincia de Huesca Editar o valor em Wikidata
Capital de
CapitalBarbastro Editar o valor em Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación17.295 (2023) Editar o valor em Wikidata (160,74 hab./km²)
Lingua oficialLingua aragonesa (lingua predominante) Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Superficie107,598163 km² Editar o valor em Wikidata
Altitude341 m Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Evento clave
agosto de 1064 (Gregoriano)Guerra de Barbastro (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Organización política
• Alcalde Editar o valor em WikidataAntonio José Cosculluela Bergua Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal22300 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Código INE22048 Editar o valor em Wikidata
Outro
Irmandado con

Sitio webbarbastro.org Editar o valor em Wikidata

Barbastro é unha cidade e concello aragonés, pertencente á provincia de Huesca. No ano 2001 tiña 15 053 habitantes. É a cabeza da comarca do Somontano de Barbastro e sede epicopal.

É unha antiga cidade sita na chaira aragonesa, próxima ao lugar onde o río Vero se xunta co Cinca. Na súa comarca prodúcese un viño acollido á denominación de orixe Viño de Samontano. É un núcleo de servizos e comercio que centraliza a actividade dos vales dos Pireneos orientais.

Dista 21 km da cidade de Huesca e 67 km da Lleida.

Historia[editar | editar a fonte]

A cidade identifícase coa antiga Bergidum ou Bergiduna, incluíaa nun principio na provincia da Hispania Citerior, e logo na Tarraconense . Foi unha importante praza forte árabe do Al-Ándalus norte, varias veces tomada e perdida polos cristiáns. En 1101, Pedro I de Aragón tomouna definitivamente. Como cidade episcopal acolleu varios sínodos diocesanos e provinciais. Nalgunha ocasión reuníronse nela as Cortes de Aragón (1134 e 1626). No 1137 casaron aquí a princesa Petronila e o conde de Barcelona, Ramón Berenguer IV, acto polo que ficaron unidos Cataluña e Aragón, para formar o Reino de Aragón.

Durante a Guerra Civil, Barbastro ficou inicialmente dentro do bando republicano, producíndose asasinatos de persoas consideradas do bando oposto, como os mártires de Barbastro. Acabada a guerra, efectuouse unha dura represión de persoas de diversas tendencias republicanas por parte do franquismo.

Patrimonio monumental[editar | editar a fonte]

Torre da catedral.

Por mor do seu pasado histórico, Barbastro goza dun saliente patrimonio arquitectónico, do que cómpre destacar:

  • Catedral, edificio tardo gótico ergueito entre 1500 e 1533.
  • Pazo Episcopal, dos séculos XVI-XVII.
  • Palacio de Argensola, dos séculos XVI-XVII.
  • Casa Zapatillas, do século XVIII.
  • Igrexa da Santa Fe, do século XVI secolo.
  • Igrexa de San Francisco, do século XVI.
  • Igrexa do antigo Hospital de San Xulián, do século XVI.
  • Igrexa dos Misioneiros, do século XX.
  • Santuario da Virxe de Pueyo, do século XIII, sito nun outiro nas aforas da cidade.
  • El Almerge, restos dunha igrexa románica da cal se conserva a ábsida e parte dun muro.

Arredores[editar | editar a fonte]

  • A 23 km está Alquézar, aldea pintoresca, sobre un penedo na beira o río Vero, coroada por un castelo árabe, oríxe do seu nome.
  • A 28 km sitúase El Grado, lugar cunha notábel colexiata gótica do século XV, e cunha presa artificial de vastas proporcións.

Festas[editar | editar a fonte]

  • Festa da Natividade da Virxe, do 4 ao 8 de setembro con corridas, pasacalles e concertos.
  • Festa de San Ramon, o 31 de xuño, co o Torno de fuego, no que se acenden fogueiras en todos os barrios.
  • Festa del Crespillo, 25 de marzo, fanse doces en todas as casas, que en parte se regalan aos presentes.
  • Festival do viño do Somontano, na primeira semana de agosto, do xoves ao domingo.
  • Romaría, no Santuario de Nosa Señora do Pueyo, o luns de Pascua, con festa no campo.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]