Berta de Savoia
Berta de Savoia | |
---|---|
Raíña de Alemaña Emperatriz do Sacro Imperio Romano Xermánico | |
![]() | |
Debuxo de John Foxe en Actes and Monuments (Londres: John Day, 1570) | |
Reinado | 21 de marzo de 1084 27 de decembro de 1087 |
Coroación | 31 de marzo de 1084 |
Nacemento | 21 de setembro de 1051 |
Falecemento | 27 de decembro de 1087 Maguncia |
Sepultura | Catedral de Speyer |
Predecesor | Inés de Poitou |
Sucesor | Eufrasia de Kíiv |
Cónxuxe/s | Henrique IV do Sacro Imperio Romano Xermánico |
Descendencia | Inés de Alemaña Conrado II de Italia Henrique V, emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico |
Casa real | Casa de Savoia |
Proxenitores | Otón I de Savoia Adelaida de Susa |
Na rede | |
![]() | |
Berta de Savoia, tamén coñecid como Berta de Turín, nada o 21 de setembro de 1051 e finada en Maguncia o 27 de decembro de 1087, foi a primeira esposa do emperador Henrique IV do Sacro Imperio Romano Xermánico, raíña de Alemaña e emperatriz do Sacro Imperio Romano Xermánico.
Está enterrada na catedral de Espira.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Berta de Savoia era filla de Otón I de Savoia e de Adelaida de Susa.
Os seus avós maternos eran Ulrico Manfredo II de Turín e Berta de Obertenghi.
De nena, durante o reinado de Henrique III, Emperador o Negro emperador do Sacro Imperio, seu fillo Henrique (o futuro Henrique IV do Sacro Imperio Romano Xermánico) e Berta se comprometeron een matrimonio o 25 de decembro de 1055 en Zúric.[1]
A voda tivo lugar o 13 de xullo de 1066 en Trebur.[2]
Mentres que Berta se enamorou de Henrique, este viu á súa muller con aversión. Aínda que aparentemente era unha bela muller xove, o cronista saxón Bruno, un declarado opoñente do emperador, informou sobre a continua infidelidade deste: «Tiña dúas ou tres Kebsweiber (concubinas) ao mesmo tempo, ademais de [a súa esposa], pero este non estaba contento. [...] Súa bela e nobre esposa Berta [...] foi de tal maneira odiada que el só a vía o necesario, xa que Henrique non celebrara a voda pola súa propia vontade».[3]
Berta morreu o 27 de decembro de 1087 en Maguncia.
Fillos[editar | editar a fonte]
Do seu matrimonio con Henrique tivo cinco fillos:
- Adelaida (1070 – 4 de xuño de 1079).
- Henrique (1071 – 2 de agosto de 1071).
- Inés de Alemaña (1072/73 – 24 de setembro de 1143).
- Conrado (12 de febreiro de 1074 – 27 de xullo de 1101), máis tarde rei de romanos e emperdor do Sacro Imperio.
- Henrique V, emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico (8 de xaneiro de 1086 – 23 de maio de 1125), máis tarde rei de romanos e emperador do Sacro Imperio.

Predecesor: Inés de Poitou |
Emperatriz consorte do Sacro Imperio | Sucesor: Eufrasia de Kíiv |
Predecesor: Inés de Poitou |
Raíña consorte de Alemaña 1066 – 1087 |
Sucesor: Constanza I de Sicilia |
Notas[editar | editar a fonte]
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Berta de Savoia |
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Bruno de Merseburg, Brunonis Saxonicum bellum, en Brunos Buch vom Saxonkrieg, ed. H-E. Lohmann, MGH Dt. MA 2 (Leipzig, 1937), accessíbel en liña en: Monumenta Germaniae Historica (en latin)
- Bruno de Merseburg, Brunonis Saxonicum bellum. Brunos Sachsenkrieg, en Quellen zur Geschichte Kaiser Heinrichs IV., ed. and trans. F-J. Schmale (Darmstadt, 1968), pp. 191–405. (en alemán)
- I. S. Robinson (2003): Henry IV of Germany, 1056–1106. Cambridge: Cambridge University Press. ISBN 978-0-5215-4590-7.