Saturno

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Saturno (planeta)")
Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter.
SaturnoSaturn symbol.svg
Saturno, imaxe dende a sonda Cassini o 23 xullo de 2008.
Descubrimento
Descuberto por civilizacións antigas
Descuberto na antigüedade
Características orbitais
Distancia media do Sol 9,55495 UA
1.429.400.000 km
Raio medio ~9,53707032 UA
1,4267254·1012 m
Excentricidade 0.055 723 219
Período orbital (sideral) 29a 167d 6,7h (~9,3·108 s)
Período orbital (sinódico) 378,1 días(~3,27·107 s)
Velocidade orbital media 9672,4 m/s
Inclinación orbital 2,48446°
Número de satélites ~200 observados
(62 con órbitas seguras)
Características físicas
Diámetro ecuatorial 1,20536·108 m
Área superficial 4.27×1010 km²
83,703 Planetas Terra
Masa 5,688·1026 kg
Densidade media 690 kg/m³
Gravidade superficial 10,44 m/s²
Período de rotación Ecuatorial 10h.,13 m.,59s.
Interno 10 h.,39m.,25s.
Inclinación axial 26,73°
Albedo 0,47
Velocidade de escape 35.490 m/s
Temperatura superficial
mín. media máx.
82 K  143 K   ? K
Características atmosféricas
Presión atmosférica 1,4·105 Pa
Hidróxeno(H2) ~96%
Helio ~3%
Metano ~0,4%
Vapor de Auga 0,1%
Amoníaco 0,01%
Etano 0,000 7%
Fosfina 0,0001%
O planeta Saturno.

Saturno é o sexto planeta do Sistema solar e o único con aneis visíbeis dende o noso planeta. Foi chamado así polo deus romano Saturno. Forma parte dos denominados planetas exteriores ou gasosos, tamén chamados xovianos, por Xúpiter. Antes da invención do telescopio, Saturno era o planeta coñecido máis distante. O primeiro en observarlle os aneis foi Galileo en 1610, aínda que a baixa inclinación dos aneis e a baixa resolución do seu telescopio fíxolle pensar que se trataban de grandes lúas. Christiaan Huygens, con mellores medios de observación puido en 1659 ollar con claridade os aneis. No ano 1859 James Clerk Maxwell demostrou matematicamente que os aneis non podían ser un único obxecto sólido, senón que debían ser unha agrupación de millóns de partículas de menor tamaño.

O planeta Saturno é un xigante de gas, o segundo do sistema en tamaño despois de Xúpiter, ó que se asemella bastante en constitución. A súa distancia media do Sol é duns 1430 millóns de quilómetros.

Orixe do nome de Saturno[editar | editar a fonte]

Debido á súa posición orbital máis distante que Xúpiter os antigos romanos outorgáronlle o nome do pai de Xúpiter ao planeta Saturno. Na mitoloxía romana, Saturno era o equivalente do antigo titán grego Cronos, deus do tempo. Cronos era fillo de Urano e Gaia e gobernaba o mundo dos deuses e os homes devorando aos seus fillos en canto nacían para que non o destronaran. Zeus-un deles- conseguiu esquivar este destino e finalmente derrocou ao seu pai para converterse no deus supremo.

Os gregos e romanos, herdeiros dos sumerios nos seus coñecementos do ceo, estableceran en sete o número de astros que se movían no firmamento: o Sol, a Lúa, e os planetas Mercurio, Venus, Marte, Xúpiter e Saturno, as estrelas errantes que a distintas velocidades orbitaban arredor da Terra, centro do Universo. Dos cinco planetas, Saturno é o de movemento máis lento, emprega uns trinta anos (29,457 anos) en completar a súa órbita, case o triplo que Xúpiter (11,862 anos), e respecto a Mercurio, Venus e Marte a diferenza aínda é maior. Saturno destacaba pola súa lentitude e se Xúpiter era Zeus, Saturno tiña que ser Cronos, o pai ancián, que paso a paso vaga entre as estrelas.

Características xerais[editar | editar a fonte]

Aneis de Saturno.

Saturno é un planeta visiblemente achatado nos polos cun ecuador que sobresae formando a figura dun esferoide ovalado. Os diámetros ecuatorial e polar son respectivamente 120.536 e 108.728 km. Este efecto prodúcese pola rápida rotación do planeta, a súa natureza fluída e a súa relativamente baixa gravidade. Os outros planetas xigantes son tamén ovalados, mais non tanto coma este. Saturno posúe unha densidade específica de 690 kg/m³, sendo o único planeta do Sistema Solar cunha densidade inferior á da auga (1000 kg/m³), é dicir, flotaría sobre a auga. O planeta está formado por un 94% de hidróxeno e un 3% de helio xunto con outros gases residuais. O volume do planeta é o dunhas 740 veces o da Terra, mais a súa masa é 95 veces a terrestre, debido á baixa densidade media relativa mencionada.

Satélites de Saturno[editar | editar a fonte]

Nestes momentos coñécense sesenta e dúas lúas do planeta, das que xa foron nomeadas cincuenta e tres, e outras nove agardan nome definitivo.

O satélite Themis, supostamente descuberto no 1905 por William H. Pickering non existe.

Nome Diámetro (km) Masa (kg) Semieixo maior (km) Período Orbital Posición Descuberto no
Saturno I Mimas 397 3,80×1019 185.520 0,942422 días   1789
Saturno II Encélado 499 7,30×1019 238.020 1,370218 días Na espesura do anel E 1789
Saturno III Tetis 1.060 6,22×1020 294.660 1,887802 días   1684
Saturno IV Dione 1.118 1,05×1021 377.400 2,736915 días   1684
Saturno V Rhea 1.528 2,49×1021 527.040 4,5175 días   1672
Saturno VI Titán 5.151 1,35×1023 1.221.850 15,94542 días   1655
Saturno VII Hiperión 286 (410 × 260 × 220) 1,77×1019 1,481,100 21,27661 días   1848
Saturno VIII Iapeto 1.460 1.88×1021 3.561.300 79,33018 días   1671
Saturno IX Febe 220 4,00×1018 12.944.300 -548,2 días** Grupo Escandinavo 1899
Saturno X Xano 178 (196 × 192 × 150) 2,01×1018 151.472 0,6945 días co-orbitais 1966
Saturno XI Epimeteo 115 (144 × 108 × 98) 5,60×1017 151.422 0,6942 días 1980
Saturno XII Helena 33 (36 × 32 × 30) ~0,02446 377.400 2,736915 días Troiano traseiro de Dione 1980
Saturno XIII Telesto 29 (34 × 28 × 36) ~0,010 294.660 1,887802 días Troiano dianteiro de Tethys 1980
Saturno XIV Calipso 26 (34 × 22 × 22) ~0,0065 294.660 1,887802 días Troiano traseiro de Tethys 1980
Saturno XV Atlas 30 (40 × 20) 0,0066 ± 0,0006 137.670 0,6019 días Pastor exterior ó anel A 1980
Saturno XVI Prometeo 86,2 ± 5,4 (133×79×61) 0,1566 ± 0,0020 139.350 0,6130 días Pastor interior ó anel F 1980
Saturno XVII Pandora 80,6 ± 4,4 (103×80×64) 0,1356 ± 0,0023 141.700 0,6285 días Pastor exterior ó anel F 1980
Saturno XVIII Pan 28,4 ± 2,6 (35×32×21) 0,00495 ± 0,00075 133.583 0,575 días Na división Encke 1990
Saturno XIX Ymir ≈ 18 ~0,00397 23.096.000 -1312,4 días** Grupo Escandinavo 2000
Saturno XX Paaliaq 22 ~0,00725 15.199.000 +687 días Grupo Inuit 2000
Saturno XXI Tarvos 15 Descoñecido 18.247.000 +926 días Grupo Galo 2000
Saturno XXII Ijiraq 12 ~0,00118 11.442.000 451,5 días Grupo Inuit 2000
Saturno XXIII Suttungr 7 ~0,00023 19.463.000 -1016,3 días** Grupo Escandinavo 2000
Saturno XXIV Kiviuq 16 ~0,00279 11 110 000 449,2 días Grupo Inuit 2000
Saturno XXV Mundilfari 7 ~0,00023 18 690 000 −953 días** Grupo Escandinavo 2000
Saturno XXVI Albiorix 32 ~0,0223 16 180 000 783,5 días Grupo Galo 2000
Saturno XXVII Skathi 8 ~0,00035 15.647.000 -728,9 días** Grupo Escandinavo 2000
Saturno XXVIII Erriapus 10 ~0,00068 17 340 000 871,9 días Grupo Galo 2000
Saturno XXIX Siarnaq 40 ~0,0435 17 530 000 896 días Grupo Inuit 2000
Saturno XXX Thrymr 7 ~0,00023 20 470 000 −1 094 días** Grupo Escandinavo 2003
Saturno XXXI Narvi ≈ 7 ~0,00023 19 010 000 −1 004 días** Grupo Escandinavo 2000
Saturno XXXII Methone 3,2 ± 1,2 ~0,00002 194 440 1,01 días Grupo das Alcionedas 2004
Saturno XXXIII Pallene 4,4 ± 0,6 (5×4×4) ~0,00006 212 280 1,14 días Grupo das Alcionedas 2004
Saturno XXXIV Polideuco/Pollux 2,6 ± 0,8 (3×2×2) ~0,00001 377 200 2,74 días** Punto de Lagrange despois de Dione 2004
Saturno XXXV Daphnis 7,8 ± 1,6 (9×8×6) 0,000084 ± 0,000012 136 500 0,594 días Brecha de Keeler 2005
Saturno XXXVI Æegir ≈ 6 ~0,00015 20 740 000 −1 117 días** Grupo Escandinavo 2004
Saturno XXXVII Bebhionn ≈ 6 ~0,00015 17 120 000 835 días Grupo Galo 2004
Saturno XXXVIII Bergelmir ≈ 6 ~0,00015 19 340 000 −1006 días** Grupo Escandinavo 2004
Saturno XXXIX Bestla ≈ 7 ~0,00023 20 130 000 −1 084 días** Grupo Escandinavo 2004
Saturno XL Farbauti ≈ 5 ~0,00009 20 390 000 −1 086 días** Grupo Escandinavo 2004
Saturno XLI Fenrir ≈ 4 ~0,00005 22 450 000 −1 260 días** Grupo Escandinavo 2004
Saturno XLII Fornjot ≈ 6 ~0,00015 25 110 000 −1 491 días** Grupo Escandinavo 2004
Saturno XLIII Hati ≈ 6 ~0,00015 19 860 000 −1 039 días** Grupo Escandinavo 2004
Saturno XLIV Hyrrokkin ≈ 8 ~0,00035 18 440 000 −932 días** Grupo Escandinavo 2006
Saturno XLV Kari ≈ 7 ~0,00023 22 120 000 −1 234 días** Grupo Escandinavo 2006
Saturno XLVI Loge ≈ 6 ~0,00015 23 070 000 −1 313 días** Grupo Escandinavo 2006
Saturno XLVII Skoll ≈ 6 ~0,00015 17 670 000 −878 días** Grupo Escandinavo 2006
Saturno XLVIII Surtur ≈ 6 ~0,00015 22 710 000 −1 298 días** Grupo Escandinavo 2006
Saturno XLIX Anthe ≈ 2 ~0,000005 197 700 1,04 días Grupo das Alcionedas 2007
Saturno L Jarnsaxa ≈ 6 ~0,00015 18 810 000 −965 días** Grupo Escandinavo 2006
Saturno LI Greip ≈ 6 ~0,00015 18 210 000 −921 días** Grupo Escandinavo 2006
Saturno LII Tarqeq ≈ 7 ~0,00023 18 010 000 888 días Grupo Inuit 2007
Saturno LIII Aegaeon ≈ 0,5 ~0,0000001 167 500 0,8081 días No anel G 2008
S/2007 S 2* ≈ 6 ~0,00015 16 730 000 −808 días** Grupo Escandinavo 2008
S/2009 S 1* ≈ 0,3 < 0,0000001 ≈ 117 000 0,4715 días División de Cassini 2009
S/2006 S 1* ≈ 6 ~0,00015 18 980 000 −1015 días** Grupo Escandinavo 2006
S/2007 S 3* ≈ 5 ~0,00009 18 980 000 −978 días** Grupo Escandinavo 2007
S/2004 S 13* ≈ 6 ~0,00015 18 400 000 −933 días** Grupo Escandinavo 2004
S/2004 S 17* ≈ 4 ~0,00005 19 450 000 −986 días** Grupo Escandinavo 2004
S/2004 S 12* ≈ 5 ~0,00009 19 890 000 −1 046 días** Grupo Escandinavo 2004
S/2004 S 7* ≈ 6 ~0,00015 21 000 000 −1 140 días** Grupo Escandinavo 2004
S/2006 S 3* ≈ 6 ~0,00015 22 100 000 −1 227 días** Grupo Escandinavo 2006

* Agardando nomeamento definitivo pola Unión Astronómica Internacional.

** Períodos orbitais negativos indican unha órbita retrógrada ó redor de Saturno (contraria á rotación do planeta).

Exploración de Saturno[editar | editar a fonte]

A Sonda Cassini-Huygens chegou ata o planeta en xuño do 2004 e mostrou novos datos e imaxes de Saturno e da súa lúa Titán.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Saturno Modificar a ligazón no Wikidata

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]