Surtur (lúa)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Surtur ou Saturno XLVIII, é unha pequena lúa de Saturno. Foi descuberta por Scott S. Sheppard, David C. Jewitt, Jan Kleyna, e Brian G. Marsden o 26 de xuño do 2006, a partir de observacións feitas entre xaneiro e abril do 2006 e recibiu a designación temporal de S/2006 S 7.

Surtur ten uns 6 kms de diámetro e orbita Saturno a unha distancia media de 22,243 millóns de kms en 1238,575 días, cunha inclinación orbital de 166,9° respecto da eclíptica (148,9° respecto do ecuador de Saturno), de movemento retrógrado e cunha excentricidade de 0,368.

Recibiu o seu nome oficial en abril do 2007 a partir da mitoloxía nórdica, nesta mitoloxía, Surtr era o líder dos xigantes do lume.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]