Polideuco (lúa)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Polideuco
Saturn's moon Polydeuces
Descubrimento
Descuberta por Equipo de Imaxes da Cassini
Descuberta no 24 de outubro do 2004
Designación alternativa Saturno XXXIV
Dione C
Características orbitais
Eixo semi-maior 377.396 km[1]
Excentricidade 0,0192[2]
Período orbital 2,736915 días[1]
Inclinación 0,1774 ± 0,0015°[2]
Satélite de Saturno
Características físicas
Radio medio 3,5 km[3]
Masa 1−5 x 1013 kg [4]
Período de rotación asumida coma síncrona
Oblicuidade descoñecida
Albedo descoñecido

Polideuco (ou en grego Πολυδεύκης) pequena lúa de Saturno que é co-orbital con Dione e está situada no punto de Langrage de cola (retagarda) de Dione (L5). O seu diámetro está estimado en 3,5 km.[3]

Polydeuco foi descuberto polo Equipo de Imaxes da Cassini o 24 de outubro do 2004,[5] a partir de imaxes tomadas o 21 de outubro dese mesmo ano[3][6] e recibiu a designación temporal de S/2004 S 5. Procuras posteriores en fotografías tomadas con anterioridade pola propia Cassini amosaban a Polideuco en imaxes do 9 de abril do 2004[5]. Polideuco tamén é coñecido coma Saturno XXXIV.

Das catro lúas troianas do sistema de satélites de Saturno, Polideuco é a que está máis afastada do seu punto de Langrage. A libración desta lúa lévaa a estar afastada do punto L5 31,4° na dirección contraria a Dione, e 26,1° en dirección cara Dione nun período de 790,931 días (en comparación con L5 que está 60° por detrás de Dione).[2] A libración desta lúa é unha clara evidencia da simetría neste tipo de órbitas entre o afastamento e achegamento da lúa a Dione. No curso dun ciclo, o radio orbital de Polydeuco varía ± 7660 kms respecto do de Dione.[5]

O nome de Polideuco foi aprobado polo Grupo de Traballo no Sistema de Nomenclatura Planetaria da UAI o 21 de xaneiro do 2005.[7] Na mitoloxía grega, Polideuco ou Póllux, era o irmán xemelgo de Castor, fillo de Zeus e Leda.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 O tamaño medio de eixo semi-maior e o seu período deben ser iguais ós de Dione.
  2. 2,0 2,1 2,2 Spitale, J. N.; Jacobson, R. A.; Porco, C. C.; e Owen, W. M., Jr. (2006). "The orbits of Saturn's small satellites derived from combined historic and Cassini imaging observations". The Astronomical Journal 132 (2): 692. doi:10.1086/505206. Arquivado dende o orixinal o 13 de abril de 2016. Consultado o 04 de xuño de 2010. 
  3. 3,0 3,1 3,2 Porco, C. C.; et al.; Cassini Imaging Science: Initial Results on Saturn's Rings and Small Satellites, Science, Vol. 307, No. 5713 (25 de febreiro do 2005), pp. 1226-1236
  4. baseada nunha densidade de 0,5 − 2 g/cm³
  5. 5,0 5,1 5,2 Murray, C. D.; e o seu equipo. (2005). "S/2004 S 5: A new co-orbital companion for Dione". Icarus 179: 222. doi:10.1016/j.icarus.2005.06.009. 
  6. C.C. Porco, et al., IAUC 8432: Satellites and Rings of Saturn Arquivado 29 de maio de 2012 en Archive.is 8 de novembro do 2004 (descubrimento)
  7. IAUC 8471: Satellites of Saturn 21 de xaneiro do 2005 (bautizo da lúa)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]