Zodíaco

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

O Zodíaco é unha banda de ceo por onde, aparentemente, transitan o Sol e os planetas. Durante o século V adC, esta rexión foi dividida en 12 partes iguais (unha por cada mes do ano), as cales deron o nome da constelación máis próxima (grupos que moi ben poderían existir antes da invención do Zodíaco propiamente). Estas constelacións tiñan un nome latino que derivou despois nos actuais cos cales están popularizadas. A constelación onde comezaba a lista era a de Aries, o carneiro, que comeza os seus días o 21 de marzo, o primeiro día do ano de moitos dos calendarios antigos. Disque unha persoa pertence a un signo do zodíaco porque o día no que nace está comprendido nun intervalo determinado pola transición do sol por un tramo determinado do zodíaco. Cómpre lembrar que unha cousa son as constelacións (concepto astronómico) e outra o signo zodiacal (concepto astrolóxico). As divisións (constelacións e signos) son as seguintes:


símbolo constelación nome galego ([1]) significado comezo final elemento nº mes
Aries.svg Aries aries carneiro 21 de marzo 20 de abril Fogo 03
Taurus.svg Taurus tauro touro 21 de abril 20 de maio Terra 04
Gemini.svg Gemini xémini xemelgos 21 de maio 21 de xuño Ar 05
Cancer.svg Cáncer cáncer cangrexo 22 de xuño 22 de xullo auga 06
Leo.svg Leo = león 23 de xullo 22 de agosto Fogo 07
Virgo.svg Virgo virgo virxe 23 de agosto 22 de setembro Terra 08
Libra.svg Libra libra balanza 23 de setembro 22 de outubro Ar 09
Scorpio.svg Scorpius = escorpión 23 de outubro 21 de novembro auga 10
Sagittarius.svg Sagittarius saxitario arqueiro 22 de novembro 21 de decembro Fogo 11
Capricorn.svg Capricornus capricornio cabra 22 de decembro 20 de xaneiro Terra 12
Aquarius.svg Aquarius acuario augador 21 de xaneiro 19 de febreiro Ar 01
Pisces.svg Pisces pisces peixes 20 de febreiro 20 de marzo auga 02

As constelacións desta lista son consideradas as máis antigas, tendo unha importancia evidente na astroloxía (disciplina que antigamente se confundía coa astronomía). Hai que sinalar que, a esa lista de 12 constelacións, engadiuse, modernamente, unha décimo terceira: Ophiuchus, o serpentario. Actualmente, e astronomicamente falando, o Sol transita polos seus límites, segundo a UAI, do 30 de novembro ao 17 de decembro. Os antigos probablemente non tomaron isto en consideración (ou non o revelaron) por razóns estéticas ou astrolóxicas, ou simplemente para os creadores do primeiro Zodíaco non existía.

[editar] Véxase tamén

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre:
Ferramentas persoais