Rea (lúa)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Rea
Rhea hi-res PIA07763.jpg
Descubrimento
Descuberto por Giovanni Cassini
Data 23 de decembro de 1672
Características orbitais
Semieixe maior 527.108 km
Excentricidade 0,0012583
Período orbital 4,518 d
Inclinación 0,345 °
Satélite natural de Saturno
Características físicas
Diámetro principal 1.528,8 km
Masa 2,32×1021 kg
Densidade media 1,24 g/cm³
Gravidade superficial 0,27 m/s²
Período de rotación síncrono coa súa órbita
Inclinación axial 0,345 °
Albedo 0,65
Atmosfera non existente,

Rea é o segundo satélite de Saturno pola súa masa, e o décimo cuarto máis afastado do planeta (uns 527.000 km); tarda uns 4,5 días terrestres en completar un xiro.

A súa órbita é case circular e lixeiramente inclinada con respecto ao ecuador de Saturno.

É esférico e mide uns 1.529 km de diámetro, aproximadamente a metade que a Lúa, o que o converte no segundo maior satélite de Saturno. Crese que ten un núcleo rochoso que supón algo menos dunha terceira parte do diámetro, e manto e cortiza compostos por auga xeada e impurezas diversas.

Foi descuberto en 1672 polo astrónomo francés Jean-Dominique Cassini, que lle deu o nome da figura mitolóxica grega Rea, irmá e esposa de Cronos (Saturno no panteón romano). A lúa foi fotografada pola sonda estadounidense Voyager 1 en novembro de 1980, cando esta pasou polo sistema de Saturno.

Características físicas[editar | editar a fonte]

Rea é unha lúa xeada cunha densidade de aproximadamente 1,24 kg/m3. Esta densidade indica que Rea teña probablemente un núcleo rochoso o cal contén un terzo da súa masa, co resto composto dunha combinación de auga-xeo.

As características físicas de Rea aseméllanse ás de Dione, con hemisferios diferentes, o cal suxire composicións e historias similares. A temperatura en Rea oscila entre 53 e 99 K (-220 ºC e -174 ºC).

A superficie de Rea está altamente craterizada e ten marcas lineais, brillantes e difusas; pénsase que estas liñas foron producidas por material exectado durante a formación de grandes cráteres, como Tirawa, de 375 km de diámetro (o cal é visible na parte superior da imaxe de Rea, arriba).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Rea