Lúas de Haumea

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Representación artística de Haumea e das súas dúas lúas Hi'iaka e Namaka.

O planeta anano Haumea ten dúas lúas, Hi'iaka e Namaka, nomeadas cos nomes das fillas da deidade hawaiana "Haumea". Estas pequenas lúas foron descubertas no 2005, a partir de observacións de Haumea feitas cos telescopios de longo alcance do observatorio Keck en Hawaii.

As lúas de Haumea son raras en moitos sentidos. Pénsase que son parte dunha extensa familia de colisión, a cal se formou hai miles de millóns de anos dos restos de xeos que quedaron espallados despois dunha colisión que destruíu parcialmente o manto xeado da Haumea primixenia. Hi'iaka, a máis grande e exterior, ten grandes cantidade de xeo puro de auga na súa superficie, característica moi rara entre os obxectos do cinto de Kuiper.[1] Namaka, con só unha décima parte da masa de Hi'iaka, ten unha sorprendente dinámica: a súa pouco común excentricidade asemella estar moi influenciada polo satélite de máis tamaño.

Descubrimento e nomeamento[editar | editar a fonte]

Os dous satélites foron descubertos ó redor de Haumea (o cal por aqueles días era designado 2003 EL61) a partir de observacións feitas no Observatorio Keck polo equipo do Caltech no 2005. O máis exterior e grande dos dous satélites foi descuberto o 26 de xaneiro de 2005,[2] e formalmente designado S/2005 (2003 EL61) 1, e co alcume de Rudolph polo equipo do Caltech.[3] O máis pequeno e interior dos satélites de Haumea foi descuberto o 30 de xuño de 2005, formalmente designado coma S/2005 (2003 EL61) 2, e alcumado "Blitzen".[4] O 7 de setembro de 2006, ambos satélites foron numerados e admitidos no catálogo de planetas menores coma (136108) 2003 EL61 I e II, respectivamente.

Os nomes finais das lúas foron anunciados, xunto co nome que se lle outorgaría ó obxecto 2003 EL61, pola Unión Astronómica Internacional o 17 de setembro de 2008: (136108) Haumea I Hi'iaka e (136108) Haumea II Namaka.[5] cada unha das lúas foi nomeada cun dos nomes das fillas da deusa hawaiana Haumea, deusa da fertilidade. Hi'iaka é a deusa da danza e patroa da Illa de Hawaii, onde está o observatorio de Mauna Kea.[6] Namaka é a deusa da auga e o mar; ela arrefría a lava da súa irmá Pele así vaise metendo no mar, converténdoa en nova terra.[7]

Na súa lenda, do corpo de Haumea nacen moitos fillos de diferentes partes do seu corpo.[7] O planeta anano Haumea semella ser enteiramente rochoso, con só un manto superficial de xeo, pénsase que a meirande parte do manto de xeo orixinal foi expulsado da Haumea primixenia tralo impacto que levaría a Haumea á súa actual rápida velocidade de rotación, e o material espallado pola colisión formou os obxectos da familia colisional de Haumea. Podería haber outras lúas máis arredadas de Haumea ca Hi'iaka e máis pequenas ca Namaka, pero aínda non foron detectadas. Por outra banda, observacións do Telescopio Espacial Hubble confirmaron que non hai lúas que sobrepasen en brillo o 0,25% do brillo de Haumea dentro da décima parte do radio da esfera de Hill (esfera da influencia gravitacional dun corpo, neste caso de Haumea) máis pechada ó planeta (0.1% do volume), onde unha desta lúas podería ser atrapada pola influencia gravitacional de Haumea .[8] Isto fai que posiblemente non existan máis lúas en Haumea.

Propiedades das superficies[editar | editar a fonte]

Hi'iaka é a máis exterior e anda preto dos 300 kms de diámetro, a máis grande e brillantes das dúas lúas de Haumea.[9] Foi observada unha forte liña de absorción a 1,5 e 2 micrómetros no seu espectro infravermello correspondente co xeo puro cristalino de auga, que cobre case toda a súa superficie.[1][10] O seu inusual espectro, e as súas semellantes liñas de absorción cás de Haumea, levou a Brown e ós seus colegas á conclusión de que estas lúas non foron capturas de obxectos do cinto de Kuiper atraidos pola gravidade de Haumea, senón que as lúas eran fragmentos da propia Haumea.[11]

Os tamaños de ambas as dúas lúas foron calculados coa suposición de que teñen o mesmo albedo infravermello ca Haumea, o cal é moi razoable xa que amosan un espectro moi semellante, o cal indica unha composición semellante das súas superficies. O albedo do planeta anano foi medido polo Telescopio Espacial Spitzer: dende os telescopios terrestres, as lúas son demasiado pequenas e están moi próximas a Haumea para velas de xeito independente.[10] Baseándose neste común albedo, a lúa máis interior, Namaka, debería ter unha décima parte da masa de Hi'iaka, e ter aproximadamente uns 170 kms de diámetro.[12]

O Telescopio Espacial Hubble (HST) ten a resolución angular adecuada para separar a luz das lúas da luz de Haumea. A fotometría do sistema triplo de Haumea feita co cámara NICMOS do Hubble confirmou a liña espectral a 1,6 micrómetros de xeo de auga tan forte na lúas como é no espectro da propia Haumea.[10]

As lúas de Haumea son demasiado febles para seren detectadas con telescopios de menos de dous metros de apertura, pénsase que Haumea ten por si mesma unha magnitude visual de 17.5, converténdose así no terceiro obxecto máis brillante do cinto de Kuiper, mesmo por detrás de Plutón e Makemake, e facilmente observable cun telescopio afeccionado de bo tamaño.

Características orbitais[editar | editar a fonte]

Unha vista das órbitas de Hi'iaka (azul) e Namaka (verde)

Hi'iaka orbita Haumea de xeito case circular cada 49 días.[9] Namaka orbita Haumea en 18 días de xeito moi elíptico, nunha órbita non "Kepleriana", e estaba no 2008, 13° inclinada respecto de Hi'iaka, a cal perturba a súa órbita.[4] Dende que ocorreu o impacto que creou as dúas lúas de Haumea, pénsase que este impacto tivo a súa orixe nos primeiros tempos do Sistema Solar,[13] a través dos millóns de anos a forza das mareas gravitatorias debería ter convertido a súa orbita elíptica en algo máis circular. Actualmente suxírese que a órbita de Namaka está distorsionada pola resonancias orbitais coa moito máis masiva Hi'iaka, facendo así que as dúas lúas migren cara á fora de Haumea debido ó efecto de disipación das mareas gravitatorias.[4] As lúas pode que escapasen e fosen capturadas a unha resonancia orbital en varias ocasións; actualmente están moi preto dunha resonancia de 8:3 .[4] Esta resonancia perturba moito a órbita de Namaka, a cal ten actualmente unha precisión do ~20°.[4]

O hoxe en día, as órbitas das lúas de Haumea aparecen practicamente de canto vistas dende a Terra, con ocultacións de Namaka sobre Haumea.[14][15] A observación de ambos tránsitos podería dar información precisa do tamaño e forma de Haumea e as súas lúas, como o ocorrido con Plutón e Caronte ó final da década dos 80.[16] Os pequenos cambios de brillo do sistema durante estas ocultacións precisan coma mínimo dun telescopio óptico de apertura media para a detección destes cambios.[17] A última ocultación de Hi'iaka sobre Haumea foi no 1999, uns poucos anos antes do seu descubrimento, e isto non volverá a acontecer nos próximos 130 anos.[18] Por sorte, a situación única que se dá con Namaka entre os satélites regulares, a gran perturbación da súa órbita debida á interacción con Hi'iaka, preservará o ángulo de visión dos tránsitos de Namaka–Haumea por moitos anos.[4][17]

Orde
[note 1]
Nome
[note 2]
Diámetro medio
(km)
Masa
(×1021 kg)
Eixo
semi-maior
(km)
Período orbital
(días)
Excentricidade Inclinación orbital(°) Data do descubrimento
1 Haumea II Namaka /nɑːˈmɑːkə/ ~170? 0.00179 ± 0.00148[8]
(~0.05% de Haumea)
25657 ± 91[8] 18.2783 ± 0.0076[8][note 3] 0.249 ± 0.015[8][note 4] 113.013 ± 0.075[8]
(13.41 ± 0.08° dende Hi'iaka)[note 4]
Xuño do 2005
2 Haumea I Hi'iaka /hiːʔiːˈɑːkə/ ~310 0.0179 ± 0.0011[8]
(~0.5% de Haumea)
49880 ± 198[8] 49.462 ± 0.083[8][note 3] 0.0513 ± 0.0078[8] 126.356 ± 0.064°[8] Xaneiro do 2005

Notas[editar | editar a fonte]

  1. A orde refírese á posición con respecto a distancia media que as separa de Haumea.
  2. As etiquetas en número romanos atribuídas a cada lúa corresponden coa orde na que foron descubertas.
  3. 3,0 3,1 Usando as leis de Kepler.
  4. 4,0 4,1 Como estaba no 2008: a excentricidade de Namakae a súa inclinación son variables debido as perturbacións das mareas gravitatorias.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 K. M Barkume, M. E. Brown, e E. L. Schaller (Marzo do 2006). preprint "Water Ice on the Satellite of Kuiper Belt Object 2003 EL61". The Astrophysical Journal 640: L87–L89. DOI:10.1086/503159. http://arxiv.org/abs/astro-ph/0601534 preprint. 
  2. M. E. Brown, A. H. Bouchez, D. Rabinowitz. R. Sari, C. A. Trujillo, M. van Dam, R. Campbell, J. Chin, S. Hardman, E. Johansson, R. Lafon, D. Le Mignant, P. Stomski, D. Summers, e P. Wizinowich (02-09-2005). "Keck Observatory Laser Guide Star Adaptive Optics Discovery and Characterization of a Satellite to the Large Kuiper Belt Object 2003 EL61". The Astrophysical Journal Letters 632: L45–L48. DOI:10.1086/497641. http://www.journals.uchicago.edu/doi/pdf/10.1086/497641. 
  3. Kenneth Chang (20-03-2007). "Piecing Together the Clues of an Old Collision, Iceball by Iceball". New York Times. http://www.nytimes.com/2007/03/20/science/space/20kuip.html. Consultado o 12-10-2008. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 4,5 D. Ragozzine, M. E. Brown, C. A. Trujillo, E. L. Schaller. "Orbits and Masses of the 2003 EL61 Satellite System". AAS DPS conference 2008. http://www.abstractsonline.com/viewer/viewAbstract.asp?CKey={421E1C09-F75A-4ED0-916C-8C0DDB81754D}&MKey={35A8F7D5-A145-4C52-8514-0B0340308E94}&AKey={AAF9AABA-B0FF-4235-8AEC-74F22FC76386}&SKey={545CAD5F-068B-4FFC-A6E2-1F2A0C6ED978}. Consultado o 17-10-2008. 
  5. "News Release - IAU0807: IAU names fifth dwarf planet Haumea". International Astronomical Union. 17-09-2008. http://www.iau.org/public_press/news/release/iau0807/. Consultado o 18-09-2008. 
  6. "Dwarf Planets and their Systems". US Geological Survey Gazetteer of Planetary Nomenclature. http://planetarynames.wr.usgs.gov/append7.html#DwarfPlanets. Consultado o 17-09-2008. 
  7. 7,0 7,1 Robert D. Craig (2004). Handbook of Polynesian Mythology. ABC-CLIO. p. 128. http://books.google.ca/books?id=LOZuirJWXvUC&pg=PA128&dq=haumea&lr=&sig=ACfU3U3pDIRAYQihFLO5R-rkQ1Y2G3OHxg. 
  8. 8,00 8,01 8,02 8,03 8,04 8,05 8,06 8,07 8,08 8,09 8,10 Ragozzine, D.; Brown, M.E. (2009). "Orbits and Masses of the Satellites of the Dwarf Planet Haumea = 2003 EL61". The Astronomical Journal. http://arxiv.org/abs/0903.4213. 
  9. 9,0 9,1 M. E. Brown, M. A. van Dam, A. H. Bouchez et al. (02-10-2005). "Satellites of the largest Kuiper belt objects" (PDF). The Astrophysical Journal 639: 43–46. DOI:10.1086/501524. http://web.gps.caltech.edu/~mbrown/papers/ps/gab.pdf. 
  10. 10,0 10,1 10,2 Fraser, W.C.; Brown, M.E. (2009). "NICMOS Photometry of the Unusual Dwarf Planet Haumea and its Satellites". The Astrophysical Journal Letters 695: L1. DOI:10.1088/0004-637X/695/1/L1. http://adsabs.harvard.edu/abs/2009arXiv0903.0860F. 
  11. Michael E. Brown. "The largest Kuiper belt objects" (PDF). CalTech. http://www.gps.caltech.edu/~mbrown/papers/ps/kbochap.pdf. Consultado o 19-09-2008. 
  12. "(136108) Haumea, Hi'iaka, and Namaka". Johnstonsarchive.net. http://www.johnstonsarchive.net/astro/astmoons/am-136108.html. Consultado o 01-02-2009. 
  13. Michael E. Brown, Kristina M. Barkume; Darin Ragozzine; Emily L. Schaller (19-01-2007). "A collisional family of icy objects in the Kuiper belt". Nature 446 (7133): 294–296. DOI:10.1038/nature05619. 
  14. "IAU Circular 8949". 17-09-2008. http://www.cfa.harvard.edu/~fabrycky/EL61/. Consultado o 06-12-2008. 
  15. "Mutual events of Haumea and Namaka". http://web.gps.caltech.edu/~mbrown/2003EL61/mutual/. Consultado o 18-02-2009. 
  16. Lucy-Ann Adams McFadden, Paul Robert Weissman, Torrence V. Johnson. "Encyclopedia of the Solar System". http://books.google.com/books?id=G7UtYkLQoYoC&pg=PA545&lpg=PA545&dq=mutual+event+pluto&source=web&ots=jDOfb3sWHL&sig=jjLkVTF21FuL-8TiGUT0gy7X5nQ&hl=en. 
  17. 17,0 17,1 D. C. Fabrycky, M. J. Holman, D. Ragozzine, M. E. Brown, T. A. Lister, D. M. Terndrup, J. Djordjevic, E. F. Young, L. A. Young, R. R. Howell. "Mutual Events of 2003 EL61 and its Inner Satellite". AAS DPS conference 2008. http://www.abstractsonline.com/viewer/viewAbstract.asp?CKey={DC1A2D7A-1E8E-4C58-A2AB-F0FA8673515C}&MKey={35A8F7D5-A145-4C52-8514-0B0340308E94}&AKey={AAF9AABA-B0FF-4235-8AEC-74F22FC76386}&SKey={545CAD5F-068B-4FFC-A6E2-1F2A0C6ED978}. Consultado o 17-10-2008. 
  18. Mike Brown (18-05-2008). "Moon shadow Monday (fixed)". Mike Brown's Planets. http://www.mikebrownsplanets.com/2008/05/moon-shadow-monday-fixed.html. Consultado o 27-09-2008. 


Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]