Inclinación orbital

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Esquema dos elementos orbitais, P1 representa o plano orbital, P2 o plano de referencia, a inclinación representase coa letra i.

Inclinación orbital e o ángulo (xeralmente medido en graos) que o plano da órbita (plano orbital) P1 dun astro forma con un plano de referencia P2 (para os planetas, isto e a eclíptica). A inclinación orbital é un dos parámetros (dentro de seis) empregados para determinar unha órbita en xeral.

Órbitas[editar | editar a fonte]

Concepto[editar | editar a fonte]

Das tres Leis de Kepler pódese empezar a deducir que os movementos orbitais dos planetas móvense dentro dun plano, e foi Newton o que demostrou esta afirmación. En particular, o movemento planetario dentro do plano da órbita dá lugar a que se tome a inclinación do plano orbital con respecto a outro de referencia, a razón de facer isto está xustificada cando se quere estudar un sistema solar no que os planetas posúen diferentes planos orbitais e a priori con diferentes inclinacións. A inclinación orbital e un dos seis parámetros (denominado coa letra i) empregados na determinación das órbitas, nos sistemas solares empregarse como plano de referencia o plano do ecuador ou da eclíptica).

Inclinación orbital no sistema solar[editar | editar a fonte]

Nos planetas do sistema solar a inclinación orbital i dun planeta defínese como a inclinación do plano da órbita co plano da eclíptica. En calquera caso o plano orbital da terra, por exemplo, e o plano que conten o traxecto da terra no seu movemento de translación ao longo dun año e como coincide co plano de la eclíptica a inclinación orbital da terra e nula por propia definición. Esta inclinación podería terse tomado respecto a outro plano, como por exemplo o ecuador do sol ou incluso tomando como referencia o plano orbital de Xupiter, pero tomase como referencia a terra dado que e dende ela dende onde se fan de momento a meirande parte das observacións astronómicas. a maioría das órbitas planetarias teñen pequenas inclinacións orbitais en relación tanto unhas con outras como con relación ao ecuador solar. Con todo, existen notábeis excepcións nos planetas ananos coma Plutón e Eris, que posúen inclinacións orbitais con respecto a eclíptica de 17 grados sexaxesimais e 44 grados respectivamente, coma s grandes asteroides Pallas, que posúe inclinación de 34 grados. Moitos dos planetas extrasolares existentes en outros sistemas solares posúen altos valores da inclinación orbital. No caso da lúa mídese a inclinación orbital con respecto ao plano da eclíptica.

Inclinación orbital nos satélites artificiais[editar | editar a fonte]

A inclinación das órbitas nos satélites naturais ou artificiais sempre e medida con respecto ao plano ecuatorial do planeta ou do corpo dende o cal orbitan. O plano ecuatorial e o plano perpendicular ao eixo de rotación do planeta e que pasa polo centro do corpo. Desta forma téñense diferentes clasificacións nestes casos:

  • Unha inclinación de 0º significa que o corpo orbitante atopase orbitando no plano do ecuador do planeta, entendéndose que o satélite xira no mesmo sentido que o planeta;
  • Unha inclinación de 90° indica que o corpo orbitante está no que se chama unha órbita polar, neste caso o obxecto pasa polos polos (norte e sur) do planeta en voltas sucesivas; e
  • Unha inclinación de 180º indica que o obxecto orbitante esta facendo un movemento retrógrado no plano ecuatorial da órbita.

Para obxectos que xiran a distancias distantes do planeta usase como plano de referencia o plano de Laplace que se define como o plano promedio que ocupa o satélite na súa órbita perante un ciclo de precesión. Nos casos nos que o eixo de rotación non e coñecido ou se determina dunha forma moi pobre, la inclinación calculase con respecto ao plano da eclíptica, ou a veces (en casos de obxectos que se moven moi amodo) empregase o plano do espazo.

Cálculo[editar | editar a fonte]

En astrodinámica, a inclinación i\, pode ser calculada mediante a fórmula:

i=\arccos{h_\mathrm{z}\over\left|\mathbf{h}\right|}\,

Onde:

Valores para os planetas do sistema solar[editar | editar a fonte]

Planeta[1] Inclinación
Mercury symbol.svg - Mercurio 7,005°
Venus symbol.svg - Venus 3,394°
Earth symbol A.svg - Terra 0,000°
Mars symbol.svg - Marte 1,850°
Jupiter symbol.svg - Xúpiter 1,303°
Saturn symbol.svg - Saturno 2,489°
Uranus symbol.svg - Urano 0,773°
Neptune symbol.svg - Neptuno 1,770°

Valores para os planetas ananos do sistema solar[editar | editar a fonte]

Planeta Anano Inclinación
Ceres symbol.svg - Ceres 10,587°
Pluto symbol.svg - Plutón 17,14175°
Eris 44,187°
Makemake 28,96°
Haumea 28,19°

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Anuario del Observatorio Astronómico", Madrid, 1999, pag 151

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]