Bergelmir (lúa)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Bergelmir ou Saturno XXXVIII (a súa designación provisional era S/2004 S 15) é unha lúa de Saturno. O seu descubrimento foi anunciado por Scott S. Sheppard, David C. Jewitt, Jan Kleyna, e Brian G. Marsden o 4 de maio 2005 a partir de observación feitas entre o 12 de decembro do 2004 e o 9 de marzo do 2005.

Bergelmir ten uns 6 mks de diámetro, e orbita Saturno a unha distancia duns 19,372 millóns de kms en 1006,659 días, cunha inclinación orbital de 157° respecto da eclíptica (134° respecto do ecuador de Saturno), posúe un movemento retrogrado e unha excentricidade orbital de 0,152.

Recibiu Bergelmir coma o seu nome oficial en abril do 2007, un xigante da mitoloxía nórdica e neto de Ymir, o xigante primordial. Bergelmir e a súa muller foron os únicos superviventes do enorme diluvio de sangue que brotou das feridas de Ymir, cando este foi asasinado por Odín e os seus irmáns na noite dos tempos. Bergelmir converteríase no pai dunha nova raza de xigantes.

Notas[editar | editar a fonte]


Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]