Bar (unidade)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O bar (símbolo: bar) é unha unidade de medida de presión. Ten a súa orixe na palabra grega βάρος (báros) que significa peso. O seu uso débese a Napier Shaw quen o adoptou en 1909 e emprégase internacionalmente desde 1929. Non forma parte do Sistema Internacional de Unidades pero segue a ser amplamente utilizado en descricións da presión ao ser case equivalente á atmosfera

1 bar = 1.000.000 barias = 106 barias
1 bar = 100.000 pascais = 105 pascais

Normalmente a presión atmosférica dáse en milibares xeralmente co símbolo mb no canto do propio mbar por influencia do antigo símbolo do bar que era b, a presión estándar ao nivel do mar é igual a 1.013,25 milibares.