Telesto (lúa)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Telesto
Imaxe de Telesto tomada pola Cassini en outubro do 2005.
Descubrimento
Descuberta por Smith, Reitsema,
Larson, Fountain
Descuberta no 8 de abril de 1980
Designación alternativa Saturno XIII
Tetis B
Características orbitais
Eixo semi-maior 294.619 km
Excentricidade 0
Período orbital 1,887802 días[1]
Inclinación 1,19° (respecto do ecuador de Saturno)
Satélite de Saturno
Características físicas
Dimensións 29 × 22 × 20 km[2]
Radio medio 11,8 ± 1,0 km[2]
Período de rotación sincrónica
Oblicuidade cero
Magnitude aparente 18,7[3]

Telesto (ou en grego Τελεστώ) é unha lúa de Saturno. Foi descuberta por Smith, Reitsema, Larson e Fountain no ano 1980, a partir de observacións terrestres, e foi provisionalmente designada coma S/1980 S 13.[4] Nos seguintes meses, serían rexistradas varias observacións máis, con designacións provisionais incluídas: S/1980 S 24[5] S/1980 S 33,[6] e S/1981 S 1.[7] En 1983 foi oficialmente bautizado co nome de Telesto, procedente da mitoloxía grega.[8] Tamén é coñecido coma Saturno XIII ou Tethys B.

Telesto é unha lúa co-orbital de Tetis, e está situada no punto de Langrage de vangarda de Tetis (L4), 60 graos por diante de Tetis. Está relación foi identificada por primeira vez por Seidelmann e o seu equipo en 1981.[9] A lúa Calipso reside no outro punto de Langrage (no retagarda ou cola) de Tetis (L5), 60 graos por detrás de Tetis. Calipso e Telesto son tamén coñecidas polo termo "Troianos de Tetis", por analoxía cos asteroides Troianos, hai outras dúas lúas troianas máis no sistema de satélites de Saturno, Polideuco e Helena, que son troianas de Dione.

A sonda Cassini fixo un sobrevoo a longa distancia de Telesto o 11 de outubro do 2005. Sorprendentemente as imaxes revelaron unha superficie moi suave e practicamente sen rastro de cráteres de impacto pequenos.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "NASA Celestia". Arquivado dende o orixinal o 09 de marzo de 2005. Consultado o 03 de xuño de 2010. 
  2. 2,0 2,1 Porco, C. C.; e o seu equipo. (2006). "Physical Characteristics and Possible Accretionary Origins for Saturn's Small Satellites" (PDF). Bulletin of the American Astronomical Society 37: 768. 
  3. "Telesto Statistics". Consultado o 01-10-2007. 
  4. IAUC 3466: Satellites of Saturn 10 de abril de 1980 (descubrimento)
  5. IAUC 3484: Satellites of Saturn 6 de xuño do 1980,
  6. IAUC 3605: Satellites of Saturn 18 de maio de 1981
  7. IAUC 3593: Satellites of Saturn 16 de abril de 1981
  8. Transactions of the International Astronomical Union, Vol. XVIIIA, 1982 (confirma Xano, nomes Epimeteo, Telesto, Calipso) (mencionado en IAUC 3872: Satellites of Jupiter and Saturn, 30 de setembro de 1983)
  9. Seidelmann, P (1981). "Saturn satellite observations and orbits from the 1980 ring plane crossing". Icarus 47: 282. doi:10.1016/0019-1035(81)90172-X. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]