Paaliaq (lúa)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Paaliaq
Descubrimento[1]
Descuberta por B. J. Gladman e o seu equipo.
Descuberta no 2000
Designación alternativa Saturno XX
Características orbitais[2]
Época 2000 Feb. 26.00
Eixo semi-maior 15,200 Gm
Excentricidade 0,3631
Período orbital 686,9 d
(1,88 a)
Inclinación 45,083° *
Características físicas
Diámetro medio 22 km[3] **
Período de rotación  ?
Albedo 0,04 [3] asumido
Cor vermello
B-V=0,86 R-V=0,40[4]
Tipo espectral D [4]
*respecto da eclíptica **baseado no albedo

Paaliaq é unha pequena lúa irregular de movemento directo do planeta Saturno. Foi descuberta por Brett J. Gladman, John J. Kavelaars, Jean-Marc Petit, Hans Scholl, Matthew J. Holman, Brian G. Marsden, Philip D. Nicholson e Joseph A. Burns nos primeiros dias de outubro do 2000[5][6], e déuselle a designación temporal de S/2000 S 2. En agosto do 2003 recibiría o seu nome oficial, Paaliaq, un chaman (de ficción) que aparece no libro The Curse of the Shaman, escrito por Michael Kusugak, quen forneceu a Kavelaars con nomes de xigantes da mitoloxía inuit que serían usados para bautizar outras lúas de Saturno.

Órbita e características físicas[editar | editar a fonte]

Os grupos de lúas irregulares de movemento directo de Saturno: Gallic (vermello) e Inuit (azul).

Esta lúa é membro do Grupo Inuit de satélites irregulares de Saturno. Paaliaq ten ó redor de 22 kms de diámetro, e orbita Saturno a unha distancia media de 15,2 millóns de kms en 687 días. Tamén posúe unha gran proximidade con outras nove lúas, chegando a estar tan só a 10 millas (uns 16 kms) da máis próxima. No diagrama da esquerda pódese ver graficamente a órbita desta lúa en relación coas outras lúas de movemento directo de Saturno, a excentricidade da órbita está representado polos segmentos amarelos que van dende o pericentro ó apocentro.

Paaliaq amosa un vermello claro coma Siarnaq e Kiviuq, e un espectro infravermello é moi semellante ó destas lúas , o cal soporta a tese dunha posible orixe común do Grupo Inuit a partir do esnaquizamento dun corpo máis grande[4][7].


Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]