Gran Mancha Vermella
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Imaxe obtida pola Voyager 1 da Gran Mancha Vermella de Xúpiter.
A Gran Mancha Vermella é o maior vórtice anticiclónico de Xúpiter. Trátase dunha enorme tormenta gasosa ou remuíño que podería existir desde hai máis de 300 anos. Está caracterizado por ventos na súa periferia de ata 400 km/h. O seu tamaño é o bastante grande como para englobar dúas veces e media o diámetro da Terra. O remuíño xira en sentido antihorario.
| Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado coa astronomía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados coa astronomía que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír. |