Período orbital

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O período orbital (tamén chamado período de revolución orbital) e o tempo que tarda un planeta, un satélite, ou outro obxecto orbitante en completar a súa órbita.

Cando se fala de obxectos orbitantes arredor do Sol existen dous tipos de períodos orbitais:

  • O período sideral e a medida do tempo que tarda o obxecto en completar unha volta arredor do Sol, tomando como punto de referencia unha estrela fixa. Considerase como o auténtico período orbital do obxecto, sendo o que ollaría un observador inmóbil que non orbitara arredor do sol.
  • O período sinódico e a medida do tempo que tarda o obxecto en volver a aparecer no mesmo punto do ceo respecto do Sol, cando se observa dende a Terra. Este período ten en conta que a Terra, lugar dende onde se observa o obxecto, tamén orbita arredor do Sol. E, polo tanto, o tempo que transcorre entre dúas conxuncións sucesivas co Sol, sendo así mesmo o período orbital aparente.

O período sideral e o sinódico difiren dado que a Tierra, á súa vez, da voltas arredor do Sol.

Relación entre o período sideral e o período sinódico[editar | editar a fonte]

Copérnico estableceu unha fórmula matemática relacionando os períodos sideral e sinódico dun planeta.

Sendo

E = o período sideral do planeta Terra (o ano sidéreo, non equivale ao ano trópico)
P = o período sideral do outro planeta
S = o período sinódico do outro planeta (observado dende a Terra)

Perante un tempo S, a Terra movese nun ángulo de (360°/E)S (asumindo unha orbita circular) e o planeta movese (360°/P)S.

No caso dun planeta interior (un planeta que tarda menos que a Terra en dar unha volta ao Sol)

 \frac{S}{P} 360^\circ = \frac{S}{E} 360^\circ + 360^\circ

e usando a álxebra obtense

 P = \frac1{\frac1E + \frac1S}

Para un planeta exterior, derívase de xeito análogo:

 P = \frac1{\frac1E - \frac1S}

En xeral, coñecendo o período sidereo de outro planeta e o da Terra, P e E, o período sinódico pode ser facilmente calculado:

 S = \frac1{\left|\frac1E-\frac1P\right|},

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]