Semieixo maior

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Na elipse: o eixo maior (verde), o semieixo maior a, o eixo menor (rosa) e o semieixo menor b.

En matemáticas, o semieixe ou semieixo maior (tamén chamado semi-eixo maior ou eixo semi-maior) dunha elipse é a metade do diámetro máis longo; o seu símbolo é a. En astronomía, é a distancia media dun obxecto que orbita ao redor de outro.

O semieixe maior é unha das características máis importantes dunha órbita, xunto co seu período orbital. Pode ser matematicamente probado que para un corpo orbitando, o semieixe maior representa a distancia media do corpo á fonte central gravitacional. Para os obxectos do Sistema Solar, o semieixe maior está relacionado co período da órbita pola terceira lei de Kepler, orixinalmente descrita como:

P^2=k a^3

onde P é o período medido en anos, a é o semieixe maior medido en unidades astronómicas e k, unha constante de proporcionalidade.

Esta fórmula foi modificada por Newton ao desenvolver a súa teoría gravitatoria, expresándoa como:

P^2= \frac{4\pi^2}{G(M+m)}a^3

onde G é a constante da gravitación universal, M é a masa do corpo central e m é a masa do corpo orbitando.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]