Bestla (lúa)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Bestla ou Saturno XXXIX (a súa designación provisional era S/2004 S 18) é unha lúa irregular de movemento retrógrado de Saturno. O seu descubrimento foi anunciado por Scott S. Sheppard, David C. Jewitt, Jan Kleyna, e Brian G. Marsden o 4 de maio 2005 a partir de observacións feitas entre o 13 de decembro do 2004 e o 5 de marzo do 2005.

Bestla ten uns 7 kms de diámetro, e orbita Saturno a unha distancia media duns 20,192 millóns de kms en 1088 días, cunha inclinación orbital de 147° respecto da eclíptica (151° respecto do ecuador de Saturno), posúe un movemento retrogrado e unha excentricidade orbital de 0,5176.[1] Algunhas observacións feitas no 2005, suxiren que Bestla podería ter unha grande excentricidade, dun valor de 0,77.[2] Coma moitas outras lúas irregulares de xigantes gasosos, a excentricidade de Bestla podería variar coma resultado do efecto de Kozai.

Recibiu o seu nome oficial en abril do 2007, unha xigante de xeo da mitoloxía nórdica, nai de Odín.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Jacobson, R.A. (2007) SAT270, SAT271 (28-06-2007). "Planetary Satellite Mean Orbital Parameters". JPL/NASA. http://ssd.jpl.nasa.gov/?sat_elem#saturn. Consultado o 19-01-2008.
  2. Brian G. Marsden (03-05-2005). "MPEC 2005-J13 : Twelve New Satellites of Saturn". Minor Planet Center. http://cfa-www.harvard.edu/mpec/K05/K05J13.html. Consultado o 19-01-2008.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]